Orientación
Charla informativa sobre a oferta educativa do centro EFA Piñeiral
Enviado por Anónimo o Mar, 25/05/2021 - 22:08Hoxe, 25 de maio, contamos no centro con Laura, profesora no centro educativo EFA Piñeiral de Arzúa , centro de formación profesional que imparte ciclos profesionais de grao medio e grao superior.
Durante esta charla o alumnado de 4º da ESO e 1º de FP Básica coñeceu a súa oferta formativa, como pode ser o ciclo medio de comercio e marketing, ciclo medio de coidados auxiliares de enfermería, ciclo medio de panadería, repostería e confitería, etc.
Moitas grazas pola vosa visita.
Correspondentes xuvenís a través das ondas
Enviado por Anónimo o Sáb, 22/05/2021 - 18:23Como cada xoves os e as correspondentes xuvenís de 4º da ESO non deixan de acercarnos as novas máis relevantes en Radio Palas FM.
Así semana tras semana: Alba, Paula, Ismael, Roi, Nerea García, Silvia, Tito e Nerea Gómez de 11:00 a 11:30 agárdannos a través das ondas para informarnos.
Non volo podedes perder
CONVOCATORIA BECAS RESIDENCIA USC CURSO ACADÉMICO 2021- 2022
Enviado por Anónimo o Ven, 21/05/2021 - 18:11Co obxecto de dar cumprimento ao título segundo do Regulamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR), o Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aproba a convocatoria de prazas de aloxamento para o curso académico 2021-2022.
SOLICITUDES E PRAZOS DE PRESENTACIÓN
- Solicitude
A solicitude deberá cumprimentarse no formulario accesible por vía telemática que figura na páxina web: https://www.usc.es/es/servizos/sur/convocatorias.html
Os/ as estudantes de nova admisión poderán solicitar a praza para o grupo I e o grupo II marcando as dúas opcións no mesmo impreso. Presentarase unha única solicitude por persoa e campus.
- Prazo de presentación
O prazo de solicitudes permanecerá aberto desde o 19 de maio ata as 14.00 horas do 28 de xuño de 2021.
Podedes descargar o documento que regula a convocatoria para o curso académico 2021/22 e a páxina da USC onde podedes facer a admisión na aula virtual no apartado de orientación.
2ª sesión: Xornadas de Igualdade
Enviado por Anónimo o Lun, 10/05/2021 - 22:53O luns 10 de maio, o alumnado de 3 ESO tivo a segunda e última sesión do Obradoiro de Igualdade do Centro de Información á Muller (CIM) a cargo de Alba.
Queremos agradecerlle o seu traballo e poñer en práctica este tipo de iniciativas, así que agardamos que esta sexa o comezo deste tipo de actividades preventivas no eido da igualdade real, positiva e efectiva entre mulleres e homes.
Agardámosvos o curso vindeiro!!
Charla para a prevención do "Acoso Escolar"
Enviado por Anónimo o Mar, 04/05/2021 - 22:09Hoxe o alumando de 2º da ESO, tivo a charla para a prevención do “Acoso Escolar” a cargo de Héctor, formador da Garda Civil, enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade.
O noso instituto segue apostando pola tolerancia cero contra o acoso escolar. Nesta mesma liña, o centro cre firmemente que a prevención é a mellor das intervencións contra o acoso escolar, por iso traballamos na sensibilización de toda a comunidade educativa en busca dunha convivencia positiva.
Por todo elo é primordial que as alumnas e alumnos sexan conscientes do grave impacto que o acoso escolar ten sobre o benestar físico e emocional dos seus iguais, ademais é preciso que coñezan cales son a distintas formas nas que se manifesta: agresións físicas e verbais, ameazas, coaccións, ciberacoso......
Así mesmo, durante esta charla volveuse a poñer en valor a figura dos espectadores no triángulo do acoso escolar, xa que teñen un papel esencial para romper a cadea do acoso, por iso, é importante desmitificar a figura do “chivato” e poñer en valor a nosa responsabilidade que cada un de nos ten en promover unha convivencia positiva e unhas relacións saudables.
E como se recalcou durante toda a charla se sentides que estades sendo vítimas de acoso escolar pedide axuda aos vosas familias, ao titor/a, ao departamento de orientación, ao profesorado.....ademais dispoñedes dun teléfono contra o acoso escolar que é o 900 018 018 (gratuíto).
Plan Director: "Novas tecnoloxías"
Enviado por Anónimo o Mar, 27/04/2021 - 22:51Hoxe, martes 27 de abril, tivemos a charla do Plan Director sobre “Novas tecnoloxías” para o alumnado de 4º da ESO e 1º de FP Básica que compartimos co instituto de Becerreá a través de Webex.
Nesta ocasión o formador da Garda Civil, Ramón Peña, informounos e formounos sobre varios aspectos que nos poden interesar como usuarios das redes sociais e fixo especial fincapé en como podemos protexer os nosos datos da rede do “scraping”, proceso no que se empregan bots para extraer contido e datos dun sitio web, nalgúns casos emprégase con fins ilegais no que nos rouban os nosos datos.
Para iso podemos empregar o Firefox Focus como buscador, o teléfono gratuíto de ciberseguridade 017 para as posibles consultas, utilizar Malwarebytes (programa antivirus cunha versión gratuíta), etc.
Así mesmo, se nos interesan estes temas podemos ver o Blog de Chema Alonso: “Un informático en el lado del mal”: https://www.elladodelmal.com
E se queremos saber se fomos vítimas do roubo dos nosos datos podemos consultalo na seguinte páxina: https://haveibeenpwned.com
Grazas Ramón!!
Calendario do proceso de admisión a ciclos de FP
Enviado por Anónimo o Mar, 27/04/2021 - 21:26Publicado o calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual para o curso 2022/2022.
Podes consultar esta información na web de FORMACIÓN PROFESIONAL:
Máis información no Dpto. de orientación
Fonte: edu.xunta.fp
ABAU 2021: calendario e avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade
Enviado por Anónimo o Xov, 15/04/2021 - 08:31Nos seguintes enlaces podedes consultar o Calendario das ABAU 2021 (convocatoria ordinaria e extraordinaria) e a avaliación de bacharelato para acceso á universidade (ABAU) onde se recoñecen as bases desta proba: estrutura da mesma, requisitos de participación, tipos de matrícula (prazos, procedementos e documentación), normas de realización, etc.
XORNADAS DE IGUALDADE
Enviado por Anónimo o Xov, 15/04/2021 - 08:13Hoxe, mércores 14 de abril, tivemos a primeira parte do Obradoiro de Igualdade a cargo da Axente de Igualdade do Centro de Información á Muller (CIM) e para iso contamos coa presenza de Alba.
Durante esta sesión coas alumnas e alumnos de 3º da ESO abordáronse ente outros temas os roles e estereotipos de xénero; a autoestima e o autoconcepto; o sexismo e a reprodución do sexismo na publicidade, na música….
Cremos moi firmemente neste tipo de actividades que contribúen ao desenvolvemento integral do noso alumnado e que fomentan a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
Así mesmo queremos agradecer ao CIM a súa colaboración co instituto neste tipo de iniciativas.
Correspondentes Xuvenís_ Radio
Enviado por Anónimo o Xov, 25/03/2021 - 19:37Os e as correspondentes xuvenís collen un descanso polas vacacións de Semana Santa, pero ao regreso, volverán estar como cada xoves de 11:00 a 11:30 en Radio Palas para informalos sobre as novas máis relevantes.
Cóidense moito e gocen da Semana Santa!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »