Charla para a prevención do "Acoso Escolar"
Hoxe o alumando de 2º da ESO, tivo a charla para a prevención do “Acoso Escolar” a cargo de Héctor, formador da Garda Civil, enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade.
O noso instituto segue apostando pola tolerancia cero contra o acoso escolar. Nesta mesma liña, o centro cre firmemente que a prevención é a mellor das intervencións contra o acoso escolar, por iso traballamos na sensibilización de toda a comunidade educativa en busca dunha convivencia positiva.
Por todo elo é primordial que as alumnas e alumnos sexan conscientes do grave impacto que o acoso escolar ten sobre o benestar físico e emocional dos seus iguais, ademais é preciso que coñezan cales son a distintas formas nas que se manifesta: agresións físicas e verbais, ameazas, coaccións, ciberacoso......
Así mesmo, durante esta charla volveuse a poñer en valor a figura dos espectadores no triángulo do acoso escolar, xa que teñen un papel esencial para romper a cadea do acoso, por iso, é importante desmitificar a figura do “chivato” e poñer en valor a nosa responsabilidade que cada un de nos ten en promover unha convivencia positiva e unhas relacións saudables.
E como se recalcou durante toda a charla se sentides que estades sendo vítimas de acoso escolar pedide axuda aos vosas familias, ao titor/a, ao departamento de orientación, ao profesorado.....ademais dispoñedes dun teléfono contra o acoso escolar que é o 900 018 018 (gratuíto).