Orientación

Reunión coas familias

O mércores 13 e xoves 14 de outubro tivemos as reunións coas familias do noso alumnado da ESO e FP Básica. 

Queremos agradecer a vosa presenza, participación e boa resposta a esta convocatoria, na que puidemos compartir información, inquedanzas e suxestións de mellora.

Comezo de curso

PRESENTACIÓNS 

As presentacións das distintas etapas e cursos do instituto quedan organizadas do seguinte xeito:

MEC: Bolsas e axudas para estudiar

Está aberto o prazo para SOLICITAR as bolsas e axudas do MEC nos diferentes tipos e niveis de ensinanza. 
Para o curso académico 2021-2022 convocasen bolsas sen número determinado de persoas beneficiarias para as seguintes ensinanzas:  
 1.

SCAPE WAY

O último día de clases, 22 de xuño, o instituto entregou os premios ás gañadoras e gañadores do “Scape Way” do Concello de Palas de Rei.

 

Prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios

ORDE do 31 de maio de 2021 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2021/22 (código de procedemento ED306A).

Ábrese o prazo para solicitar praza de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo, ao alumnado que no curso académico 2021/22 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo. 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN 

Presentación de solicitudes 

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I da orde) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal 

Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente no centro residencial docente e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común. 

Para a presentación electrónica poderá́ empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 

2. O formulario normalizado de solicitude (anexo I) e o de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (anexo II), ademais estarán dispoñibles: 

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal 

b) Nas dependencias dos centros residenciais docentes. 

3. A solicitude deberá estar asinada pola persoa solicitante ou polo seu representante legal, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, que cumpre os requisitos exixidos nela e que todos os datos contidos na solicitude e na documentación achegada son certos; así mesmo, que reúne os requisitos necesarios para obter o título académico que indica. 

 

Prazo de presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será: 

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 9 de xullo de 2021 (este incluído). 

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 2 de agosto de 2021 (este incluído). 

 

Publicación da puntuación provisional das persoas admitidas e da listaxe das excluídas 

1. O día 27 de agosto de 2021, (este incluído), publicaranse a través da páxina web da consellería e do taboleiro de anuncios ou da páxina web do respectivo centro residencial.

 

Publicación da puntuación definitiva das persoas admitidas, da relación definitiva de excluídas, adxudicatarias de praza e suplentes 

1. O día 13 de setembro de 2021, (este incluído), publicaranse conxuntamente a través da páxina web da consellería e do taboleiro de anuncios ou da páxina web do respectivo centro residencial. 

 

REQUISITOS ACADÉMICOS E PERSOAIS 

A persoa solicitante deberá reunir os seguintes requisitos: 

1. Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 da orde que regula esta solicitude no curso 2021/22. 

2. Non repetir curso; e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos. 

3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia descritas na normativa vixente.

 

Lugar de residencia da unidade familiar e accesibilidade aos estudos
1. A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que: 

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade galega de residencia habitual da unidade familiar a que pertenza. 

b) E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade. 

2. Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas, a Comisión de Valoración poderá́ eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e dos informes que se consideren oportunos. 

 

MODALIDADES DE ADXUDICACIÓN PRAZA: GRATUÍTA E BONIFICADA       

Adxudicación de praza gratuíta 

A adxudicación de praza de residencia será gratuíta:

1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 688/2020, do 21 de xullo, do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2019/20 (Boletín Oficial del Esta- do núm. 199, do 22 de xullo). 

2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. 

 

Adxudicación de praza bonificada 

1. Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades: 

a) Ata un 10 %: 578,32 €. 

b) Mais do 10 % e ata un 20 %: 886,83 €. 

c) Mais do 20 % e ata un 30 %: 1.423,59 €. 

d) Mais do 30 %: 2.112,22 €. 

2. O pagamento desta cantidade poderá́ fraccionarse ata un máximo de 3 prazos trimestrais, que deberán facerse efectivos antes do inicio do respectivo trimestre. 

 

MÁIS INFORMACIÓN NO DOG NUM. 113 DO 12 DE XUÑO DO 2021.

Despedida Correspondentes Xuvenís 3.0

Este xoves 17 de xuño puxemos fin ao noso programa de Correspondentes Xuvenís 3.0 en Radio Palas FM.  Semana tras semana, o alumnado de 4º da ESO informaba sobre aquelas novas que lle parecían máis relevantes e de maior importancia para os seus oíntes.

 

Queremos agradecer a Paula, Alba, Ismael, Roi, Tito, Nerea García, Silvia e Nerea Gómez o seu compromiso con este proxecto, as ganas que lle puxeron e o traballo que realizaron ao longo deste curso académico, nun ano tan especial coma este. 

 

E non queremos despedirnos sen darlle as grazas a Vanessa, responsable de Radio Palas, por darnos un espazo radiofónico no que poder desenvolver o noso programa. 

 

Agardamos poder continuar o vindeiro curso académico con esta experiencia formativa que contribúe ao desenvolvemento integral do noso alumnado. 

 

Ata pronto!!

Acollida ás familias de 6º EP

O xoves 17 de xuño tivemos a sesión de acollida coas familias do alumnado que se incorporará a 1 de ESO o vindeiro curso. 

 

Grazas pola vosa presenza, participación e boa resposta a esta proposta.

 

Ano tras ano, a comunidade educativa do IES do Camiño segue crecendo, benvidas e benvidos!!

 

 

Entrega de Certificados e Carne Xove aos Correspondentes Xuvenís

O venres 12 de xuño entregamos o “Certificado de experiencias educativas non formal en materia de Xuventude” que  acredita o traballo que desenvolveron ao longo deste curso e o novo carné xove para que desfruten de todas as súas vantaxes. 

Queremos agradecer aos nosos correspondentes xuvenís o seu compromiso e implicación  en seleccionar e difundir a información que, semana tras semana, lles chegaba de Xuventude a través do Instagram do centro e do programa de radio “Correspondentes Xuvenís 3.0” en Radio Palas FM, tódolos xoves de 11:00 a 11:30, salientando que este espazo radiofónico se desenvolvía no seu tempo de lecer.

Polo tanto GRAZAS a Alba, Paula, Roi, Ismael, Nerea García, Silvia, Tito e Nerea Gómez por facelo posible.  Agardamos que esta experiencia fose vosa para vós e que o ano que ven teñades gañas de repetir! 


 

Podedes ver as fotos da entrega dos certificados na galería de imaxes:

Acollida ao alumnado 6º EP do CEIP Palas de Rei

Hoxe, xoves 10 de xuño, contamos coa visita das alumnas e alumnos de 6º de educación primaria do CEIP de Palas de Rei acompañados/as da súa titora e do seu titor. 

Nesta xornada de acollida realizouse unha pequena presentación sobre o que supón o paso de primaria a secundaria, na que o alumnado puido preguntar todas aquelas inquedanzas, dúbidas…. que tiñan. 

Posteriormente, dous representantes de 1º da ESO respondéronlles as preguntas que eles e elas previamente lles formularon, tales como: Que cambios notaran de 6º a 1º da ESO? Que materias lles gustaban máis? Se podían facer os deberes na biblioteca. Cantos libros podían coller? Que materias lles resultaban máis difíciles?. Entre outras.

Unha vez rematada esta quenda de preguntas, realizamos un pequeno percorrido polo centro para que o alumnado se familiarizara coas instalacións. Así puidemos ver a aula de tecnoloxía, de música, de informática, a biblioteca..... axudados pola alumna e o alumno de 1º da ESO que lles serviron de guías polo instituto.

Queremos dar as grazas aos seus titores/as e ao alumnado por facer que esta visita fose todo un éxito e por volver a ter un pouco de normalidade. 

Vémonos o curso próximo!!!  E a semana vindeira agardamos a visita das vosas familias.

 

PRAZOS DE ADMISIÓN A FP - CONVOCATORIA 2021/22

  • ADMISIÓN A RÉXIME ORDINARIO E RÉXIME PARA AS PERSOAS ADULTAS 

 
  • ADMISIÓN A FP DUAL 

 
  • ADMISIÓN CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN 

 
MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DE FP: ADMISIÓN FP E NO DPTO DE ORIENTACIÓN. 
Distribuir contido