Prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios

ORDE do 31 de maio de 2021 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2021/22 (código de procedemento ED306A).

Ábrese o prazo para solicitar praza de residencia existentes nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo, ao alumnado que no curso académico 2021/22 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo. 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN 

Presentación de solicitudes 

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I da orde) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal 

Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente no centro residencial docente e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común. 

Para a presentación electrónica poderá́ empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 

2. O formulario normalizado de solicitude (anexo I) e o de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (anexo II), ademais estarán dispoñibles: 

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal 

b) Nas dependencias dos centros residenciais docentes. 

3. A solicitude deberá estar asinada pola persoa solicitante ou polo seu representante legal, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, que cumpre os requisitos exixidos nela e que todos os datos contidos na solicitude e na documentación achegada son certos; así mesmo, que reúne os requisitos necesarios para obter o título académico que indica. 

 

Prazo de presentación de solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será: 

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 9 de xullo de 2021 (este incluído). 

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 2 de agosto de 2021 (este incluído). 

 

Publicación da puntuación provisional das persoas admitidas e da listaxe das excluídas 

1. O día 27 de agosto de 2021, (este incluído), publicaranse a través da páxina web da consellería e do taboleiro de anuncios ou da páxina web do respectivo centro residencial.

 

Publicación da puntuación definitiva das persoas admitidas, da relación definitiva de excluídas, adxudicatarias de praza e suplentes 

1. O día 13 de setembro de 2021, (este incluído), publicaranse conxuntamente a través da páxina web da consellería e do taboleiro de anuncios ou da páxina web do respectivo centro residencial. 

 

REQUISITOS ACADÉMICOS E PERSOAIS 

A persoa solicitante deberá reunir os seguintes requisitos: 

1. Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 da orde que regula esta solicitude no curso 2021/22. 

2. Non repetir curso; e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos. 

3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia descritas na normativa vixente.

 

Lugar de residencia da unidade familiar e accesibilidade aos estudos
1. A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que: 

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade galega de residencia habitual da unidade familiar a que pertenza. 

b) E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade. 

2. Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas, a Comisión de Valoración poderá́ eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e dos informes que se consideren oportunos. 

 

MODALIDADES DE ADXUDICACIÓN PRAZA: GRATUÍTA E BONIFICADA       

Adxudicación de praza gratuíta 

A adxudicación de praza de residencia será gratuíta:

1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 688/2020, do 21 de xullo, do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2019/20 (Boletín Oficial del Esta- do núm. 199, do 22 de xullo). 

2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. 

 

Adxudicación de praza bonificada 

1. Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades: 

a) Ata un 10 %: 578,32 €. 

b) Mais do 10 % e ata un 20 %: 886,83 €. 

c) Mais do 20 % e ata un 30 %: 1.423,59 €. 

d) Mais do 30 %: 2.112,22 €. 

2. O pagamento desta cantidade poderá́ fraccionarse ata un máximo de 3 prazos trimestrais, que deberán facerse efectivos antes do inicio do respectivo trimestre. 

 

MÁIS INFORMACIÓN NO DOG NUM. 113 DO 12 DE XUÑO DO 2021.