Orientación

Día Internacional da Diversidade Funcional

O 3 de decembro conmemórase o día internacional das persoas con diversidade funcional, que ten como obxecto promover os seus dereitos e o seu benestar en tódolos ámbitos da sociedade, así como poñer o énfase na concienciación sobre a súa situación en todos os aspectos da

Antenas na Ulloa

As antenas da Ulloa están de volta! Despois do parón do verán e de coller forzas estamos, outra vez, con todos vós para traervos as novas máis interesantes. Ademais, este ano retomamos canles que tiñamos pechadas por mor da Covid-19, como era o taboleiro de novas do primeiro andar. 

Pantallas amigas: " Obradoiro Violencia de Xénero no novo contexto dixital"

Hoxe realizouse no instituto o Obradoiro “Violencia de Xénero no novo contexto dixital” impartido por Haizea Álvarez, psicóloga e sexóloga de “Pantallas amigas”, iniciativa que promove e potencia o uso seguro e saudable de internet e outras TIC na infancia e na adolescencia. 

25N- Día Internacional contra a violencia de xénero

O mundo que toca vivir en moitos dos seus redutos garda a memoria da desigualdade entre homes e mulleres, mais tamén tomou formas e palabras novas, ou as de sempre con envoltura actualizada ao medio en que nos desenvolvemos. Na familia e na sociedade, que supón nacer muller?

Programa Titorización entre Iguais

O curso pasado por mor da pandemia vimos condicionada a posta en marcha do programa TEI (Titoría Entre Iguais) pero este ano xa puidemos volver a poñelo en marcha. 

 

Charla 1º BAC: DGT- Seguridade viaria

Hoxe, 11 de novembro, tivemos a visita do Subsector de Tráfico de Lugo, Jose Ramón López, acompañado de Ramón Peña, garda civil e formador do Plan Director para informar e formar ao noso alumnado de 1º de Bacharelato en Seguridade Vial.

 

Esta formación é fundamental xa que moitos deles e delas están próximos a obter o permiso de conducir B e, nalgúns casos , xa poden conducir algún tipo de ciclomotores, cuadriciclos lixeiros ou  motocicletas con determinada cilindrada. 

 

Durante a sesión abordáronse diferentes temas relacionados coa seguridade viaria, tales como as normas de tráfico, as distintas señalizacións, os distintos tipos de móbiles (parque móbil), deuse a coñecer a regulación do uso dos patinetes eléctricos, das normas de uso das bicicletas  e máis nun sitio como Palas de Rei onde circulan moitas polo Camiño de Santiago, os quads,  os diferentes tipos de permisos de circulación que existen e para que nos capacitan cada un deles, así como o tipo de transporte que podes levar e a súa tonelaxe, o uso dos tractores, no que se incidiu, xa que nun contexto como o que se sitúa o noso centro, púxose en valor a importancia de ter os permisos pertinentes para conducir un tractor, xa que no caso de que aconteza algún incidente, iso traería consigo uns riscos importantes, entre outros temas. Así mesmo, o alumnado puido participar e achegar a Jose Ramón todas aquelas dúbidas que tiñan. 

 

Moitas grazas por acudir ao noso centro! 

Obradoiro Cruz Vermella: "Prevención do acoso escolar e uso das TIC's e Redes Sociais”

Hoxe, 9 de novembro, contamos cun novo Obradoiro da Cruz Vermella destinado ao alumnado de 1º da ESO: “Acoso Escolar e uso das TIC's e Redes Sociais”

 

Obradoiro Alimentación (2ºESO) - Cruz Vermella

Que marabilloso é volver pouco a pouco á normalidade, así hoxe puidemos contar novamente cos obradoiros da Cruz Vermella.

Nesta ocasión o alumnado de 2º da ESO participou no Obradoiro de Alimentación, no que se promoven e reforzan hábitos de vida saudables, sobre todo aqueles asociados á conduta alimentaria. 

Deste xeito promóvese a educación e a promoción da saúde como peza clave da prevención de actitudes, comportamentos e hábitos que conlevan riscos asociados ao seu benestar físico, psíquico e social. 

 

Os alumnos e alumnas abordaron, entre outros conceptos, os prexuízos, estereotipos e mitos ao redor da alimentación e os canons sociais de beleza. E como estes poden derivar en trastornos de conduta alimentaria como a anorexia, bulimia e outros. Así mesmo reforzáronse as habilidades sociais e individuais como a autoestima, a comunicación, a capacidade analítica e crítica, resistencia á presión grupal, empatía, asertividade, etc. 

 

Agardamos que esta formación fose de interese e aproveitamento para o noso alumnado de 2º da ESO. 

 

PROGRAMA PROA+

 

proa

 

PROGRAMA ARCO

 

 

Distribuir contido