Programa Titorización entre Iguais

O curso pasado por mor da pandemia vimos condicionada a posta en marcha do programa TEI (Titoría Entre Iguais) pero este ano xa puidemos volver a poñelo en marcha. 

 

O alumnado de 3º ESO titoriza ao alumnado de 1º da ESO para facilitar a súa integración e continuar  na senda de ser un instituto TEI, é dicir, “tolerancia cero con quen exerce calquera tipo de violencia”. A fin de acadar un mellor clima de convivencia e fomentar unhas relacións entre os membros da comunidade educativa satisfactorias. 

Arrancamos este curso académico coa formación aos titores e titoras de 3º da ESO e coa información ao alumnado de 1º da ESO, unha vez realizada estas accións, pasamos a celebrar, no día de hoxe, asignación de titores/as e titorizados/as, que deu comezo ás actividades de cohesión que vamos a desenvolver ao longo deste curso, sendo a primeira delas unha entrevista: “detectives”, tanto do/a titor/a ao titorizado/a como ao revés, coa intención de que se coñezan e dean paso á relación que os vai unir ao longo deste curso e que, seguramente, deixará unha semente para os anos que pasen no centro educativo. 

 

Moitas grazas ao alumnado por facer que esta sesión de cohesión se desenvolvera con normalidade e agardamos que desfrutaredes durante a realización da mesma.