Charla informativa Universidade de Vigo

O SIE, a sección de información ao estudante da Universidade de Vigo, ten como obxectivo ofrecer aos futuros universitarios e universitarias unha información clara e completa sobre todo o relativo á vida universitaria. 

De aí que o noso centro contase con dúas charlas informativas a cargo do xefe de servizo Ricardo Corderí, a primeira delas celebrouse o día 9 de febreiro, na que se informou ao alumnado sobre as ABAU e a seguinte, o 15 de febreiro, sobre  a Universidade de Vigo (campus, estudos de grao, servizos da Universidade, etc).