Charla temática: "Verificación contra a desinformación"

No marco do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, o IES do Camiño, participa nesta iniciativa solicitando a charla temática “Verificación contra a desinformación” impartida polo profesor da facultade de Ciencias da Comunicación, Jorge Vázquez Barreiro.  

Neste contexto actual de información onde nos vemos sobreexpostos a moita información que entra por diversos canles, como poden ser por exemplo as redes sociais. Consideramos que é fundamental que o noso alumnado coñeza que hai mecanismos para verificar a información que reciben, sendo conscientes de que se enfrontan a moitas mensaxes que poden ser falsas, polo que é importante que aprendan a identificalas.

Nesta liña durante a actividade aprendemos que existen cinco claves de verificación que poden sernos útiles: 

  • A procedencia 
  • As fontes 
  • As referencias temporais
  • As referencias xeográficas 
  • A motivación polo que se fai. 

 Neste proceso podemos axudarnos dunha serie de ferramentas e recursos, que son:

  • Fact-chekers
  • inVID, busca inversa
  • Buscas avanzadas
  • Wayback Machine  (archive.org)
  • Análise visual e xeolocalización. 

E para poñer en práctica todo isto, o alumnado de 1º de BAC e o da materia de filosofía de 4º da ESO realizaron unha dinámica na que tiñan que verificar unha serie de novas, tendo en conta o seguinte:

  • Linguaxe e discurso nos medios xornalísticos e en pseudo-medios
  • Check restraint (pensar antes de facer clic)
  • Verificación de contidos informativos
  • Localización 

Podedes ver algunhas das fotos da actividade na galería de imaxes: