Skip to Content

Complementarias

Os campións do brilé

Alumnado 1º Bacharelato A gañador do campionato de brilé

O pasado luns 8 de novembro e dentro da celebración do Magosto, tivo lugar un campionato de brilé cunha ampla participación do alumnado da ESO e 1º Bacharelato. Houbo dúas categorías, resultando vencedores o equipo de 1º ESO A na competición reservada aos equipos do primeiro ciclo da ESO e o equipo de 1º Bacharelato A no correspondente ao segundo ciclo da ESO e 1º Bacharelato. Os equipos gañadores tiveron como premio vales a canxear na cafetaría do noso centro. Mención especial para as alumnas que arbitraron os partidos: Julia Fariña e Andrea Vieites de 1º Bacharelato xunto a Alexandra Bandín e Alicia Quintáns de 2ª Bacharelato. A actividade foi organizada polo departamento de Educación Física.

Alumnado de 1º ESO A gañador do campionato de brilé do 1º Ciclo ESO

Alumnado de 4º ESO e FP Básisca asiste a unha charla sobre a factura da luz

Alumnado 4º ESO na charla sobre a factura da luz

O pasado mércores, 3 de novembro, o alumnado de 4º ESO e FP Básica asisitiu a unha charla impratida por unha técnica do Instituto Galego do Consumo e da Competencia sobre a factura da luz. Un dos principais gastos dentro da economía doméstica é o destinado ao pago da factura eléctrica. Consciente da importancia que a factura eléctrica ten para o conxunto das persoas consumidoras e usuarias, a Escola Galega do Consumo (EGC) conta con este programa "Dálle luz á túa factura". O alumnado asistente puido, con esta actividade, aprender algúns dos coñecementos básicos necesarios para comprender a factura eléctrica, para adoitar medidas de aforro no gasto eléctrico e para realizar unha reclamación nos distintos supostos que se poidan presentar en relación á contratación dos servizos prestados polas compañías eléctricas.

A actividade foi organizada pola Vicedirección dentro das actividades complementarias e extraescolares do centro.

Alumnado de FP Básica na charla sobre a factura da luz

Festa de fin de curso

A Banda do IES Valga na festa de fin  de curso

O martes 22 de xuño tivo lugar no noso centro unha festa de fin de curso. onde se programaron diversas actividades que fixeron moi ameno este último día de curso da comunidade educativa. Foron catro actividades que rotaron polo patio da carpa e o patio das bancadas, lugares onde o alumnado estivo dividido para cumprir coas medidas de distanciamento e seguridade sanitarias vixentes. Monicreques Alakrán co seu espectáculo "Barriga verde", Alba Grande cos seus "Contos para derreter a cera", Animación Nydia co seu "Obradoiro de danzas urbanas" e a Banda do noso centro dirixida polo profesor Manuel Villar: foron as actividades que durante catro horas seguiron alumnado e profesorado. Ademais houbo pinchos ofrecidos pola ANPA que colaborou coa Vicedirección para que esta festa fin de curso fora posible.

Máis información picando aquí ou neste enlace.

Monicreques Alakrán no IES Valga

 

Exalumnado do IES Valga achega a súa experiencia ao alumando de 4º ESO e 1º Bacharelato

Sara Iglesias, Antia Figueiras e Ismael García, exalumnado IES Valga

"E despois do IES Valga, que?" é o nome da actividade a que o pasado luns 14 de xuño, nas horas lectivas da tarde, asisitiu o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, co obxectivo de que antigo alumnado do noso centro mantivera un encontro co actual. O exalumnado: Sara Iglesias, Antía Figueiras e Ismael García falaron da súa experiencia e traxectoria educativa e profesional, unha vez que acabaron os seus estudos no IES Valga; tamén responderon ás dúbidas que se formularon. A actividade foi organizada polo departamento de Orientación e Vicedirección, dentro das actividades complementarias deste curso académico.

Alumado de 4º ESO na actividade E despois do IES Valga, que?

 

Foto de grupo do alumnado de 4º ESO promoción 2017-2021

Foto de grupo do alumnado de 4º ESO promoción 2017-2021

O alumnado de 4º ESO, da promoción 2017-2021, chega ao remate nos seus estudos da Educación Secundaria Obrigatoria. Para lembrar este paso polo noso Centro realizou un pequeno acto no segundo recreo do venres 4 de xuño, no que posaron coas súas titoras, Teresa Sumay e Lucía Gómez.

Distribuir contido


by Dr. Radut