Skip to Content

Complementarias

O IES Valga no programa escolar de consumo de leite e froita fresca

O alumnado participa programa escolar de consumo de leite e froita fresca

Dentro do fomento dos hábitos de vida saudable, acollemos unha nova edición do reparto de froita e leite no ámbito escolar. Segundo as axudas regulada polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria), para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares, estamos a distribuír, desde este mes de xaneiro, os cartóns de leite e leite sen lactosa durante o recreo.

Iremos combinando, e durante os recreos, o reparto ao alumnado destes envases de leite e froita de distintas clases, por parte de profesorado voluntario.

O IES Valga participa programa escolar de consumo de leite e froita fresca

 

 

Día Internacional dos Dereitos Humanos no IES Valga

dereitos humaos

O 10 de decembro é o día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Nun recuncho da planta baixa do noso Centro, hai unha exposición relacionada cos Dereitos Humanos realizada polo equipo da Biblioteca. Durante esta semana, o departamento de Filosofía traballa co alumnado a conmemoración deste día.

dereitos humanos

Novas arredor do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller"

Co motivo da celebración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" alumnado do noso Centro foi entrevistado para o Telexornal de Galicia da Televisión Española, emitido o 25 de novembro. Picando aquí podes ver esta nova.

E tamén colaborou no vídeo realizado polo concello de Valga. Picando na imaxe podes ollar este magnífico traballo.

video 25N

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no IES Valga

Día Internacional de la Eliminación da Violencia contra a Muller 2020 Día Internacional de la Eliminación da Violencia contra a Muller 2020 

Con motivo do “Día Internacional contra a Violencia Machista”, o 25 de novembro, a comunidade educativa do IES Valga celebrou, neste día, diversos actos para manifestar o seu rexeitamento en contra de calquera violencia exercida sobre as mulleres e sensibilizar ao alumnado contra esta lacra social.

A carpa, instalada nun dos patios do noso Centro, foi o escenario das actividades programadas: a interpretación da peza "Salón" polo alumnado de música de 4º ESO, dirixidos polo profesor Manuel Villar, o rap "25 SON RISAS" recitado e interpretado por José Ángel LLerena de 4º ESO acompañado polo baile de Letizia e Naim de 4º ESO e os manifestos lidos por Irene Sanmarco de 2º ESO  e Samuel Rial de 4º ESO.

O acto tamén serviu para dar os premios do  concurso de vídeos arredor da celebración do Samaín, convocado pola Biblioteca e o Equipo de dinamización da lingua galega do IES de Valga e, do concurso literario contra a violencia machista "Rompe el silencio", convocado polo departamento de Lingua Castelá e Literatura. En relación a este concurso literario, tivo lugar a lectura dos textos gañadores.

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller 2020  

Alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, asistiu á charla "De onde sae un medicamento?"

alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, asistiu á charla "De onde sae un medicamento?"

Alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, asistiu á charla "De onde sae un medicamento?", impartida polo profesor  Luis M. Botana, do Departamento de Farmacoloxía da Facultade de Veterinaria da USC, en Lugo,  Esta charla está enmarcada dentro do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", que trata de facer chegar ao alumnado dos centros de ensino secundario de Galicia, información sobre a Universidade. Estivo organizada polos Departamentos de Física e Química e Bioloxía-Xeoloxía.

Distribuir contido


by Dr. Radut