Skip to Content

Complementarias

Finalizamos o programa escolar de consumo de leite e froita fresca

Programa froita e leite 2021

Esta semana remata no noso centro unha nova edición do reparto de froita e leite no ámbito escolar, dentro do fomento dos hábitos de vida saudable. Durante os recreos e por parte de profesorado voluntario, procederase ao reparto de envases de leite e froita ao alumnado. 

Programa reparto froita e leite 2021

Entrega de premios do Torneo de Xadrez 2021

Participantes e premiados Torneo Xadrez 2021

No primeiro recreo do venres 21 de maio, tivo lugar a entrega de agasallos para os gañadores e participantes no Torneo de Xadrez por parte do profesorado organizador desta competición. O acto finalizou coa celebración dunhas partidas simultáneas entre o alumnado e o profesor Fernando Regueira.

Reiteramos os parabens á organización e ao alumnado participante, desexando que esta actividade teña continuidade no vindeiro curso.

Simultáneas co profesor Fernando Regueira

Finaliza o Torneo de Xadrez 2020-2021

Torneo de Xadrez 2020-2021

O Torneo de Xadrez deste curso chegou ao seu final coas partidas da última ronda celebradas a pasada semana. Despois de catro roldas, o gañador foi o alumno de 1º Bacharelato, Enrique Otero Catoira, seguido de Jesús Manuel Lafuente Bello de 1º ESO B, Darvin Villar Gens de 4º ESO A e Rodrigo Vidal Lista de 4º ESO B. Os catro xogadores empataron a puntos en cabeza e houbo que acudir aos criterios de desempate, que sempre son dunha xustiza relativa. Na partida decisiva da última rolda, Darvin Villar foi o máis forte, pero escapóuselle a vitoria nos apuros e no desempate quedou terceiro e Enrique Otero resulta o vencedor do Torneo.

O torneo celebrouse durante os recreos do martes e xoves deste trimestre no corredor da planta baixa, seguindo as medidas de sanidade vixentes. Foi organizado polo Departamento de Matemáticas en colaboración coa Biblioteca e o profesor de FOL, Fernando Regueira.

O vindeiro venres 21 de maio, no primeiro recreo,  celebrarase a entrega de premios. Tamén se sortearán dous vales para a cafetaría entre todos os participantes.

Parabens aos participantes e a organización!!!. Na seguinte imaxe pódese ollar a clasificación final do torneo.

Clasificación Final Torneo Xadrez 2020-2021

 

Celebramos o Día das Letras 2021

Obradoiro de muñeira con Miguel Sotelo

O venres 14 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas 2021, homenaxeando á escritora Xela Arias. Pese a non poder realizar a xa consolidada “Bota unha Carreira pola Lingua”, si tivemos, adaptándonos ás medidas sanitarias vixentes, outras actividades nas que participou activamente o alumnado da ESO, 1º Bacharelato e FP Básica. O festival programado polo departamento de Dinamización da Lingua Galega e a Vicedirección tivo como escenario os dous patios e por alí pasaron, alternando as súas actuacións: o monologuista Quico Cadaval, a función de monicreques Alacrán e o obradoiro de muiñeira a cargo de Miguel Sotelo; ademais houbo competicións deportivas, con agasallo para os gañadores, actuación do alumnado que pertence á Banda de Música de Valga co mestre Manuel Villar ao fronte e, por suposto, a interpretación do Himno Galego, xunto cun recordo moi especial para a escritora homenaxeada este ano, Xela Arias,  da que se fixo unha referencia biográfica e unha lectura dalgúns dos seus textos. 

Para ollar máis fotos, picar neste enlace.

Máis información picando no facebook do concello de Valga.

Monicreques Alacrán:“O pequeno cabaret de tolos”

Himno Galego. Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias

Día das Letras Galegas 2021 no IES Valga

Día das Letras Galegas 2021

Distribuir contido


by Dr. Radut