Skip to Content

Celebramos o Día das Letras 2021

Obradoiro de muñeira con Miguel Sotelo

O venres 14 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas 2021, homenaxeando á escritora Xela Arias. Pese a non poder realizar a xa consolidada “Bota unha Carreira pola Lingua”, si tivemos, adaptándonos ás medidas sanitarias vixentes, outras actividades nas que participou activamente o alumnado da ESO, 1º Bacharelato e FP Básica. O festival programado polo departamento de Dinamización da Lingua Galega e a Vicedirección tivo como escenario os dous patios e por alí pasaron, alternando as súas actuacións: o monologuista Quico Cadaval, a función de monicreques Alacrán e o obradoiro de muiñeira a cargo de Miguel Sotelo; ademais houbo competicións deportivas, con agasallo para os gañadores, actuación do alumnado que pertence á Banda de Música de Valga co mestre Manuel Villar ao fronte e, por suposto, a interpretación do Himno Galego, xunto cun recordo moi especial para a escritora homenaxeada este ano, Xela Arias,  da que se fixo unha referencia biográfica e unha lectura dalgúns dos seus textos. 

Para ollar máis fotos, picar neste enlace.

Máis información picando no facebook do concello de Valga.

Monicreques Alacrán:“O pequeno cabaret de tolos”

Himno Galego. Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias



page | by Dr. Radut