Skip to Content

Finaliza o Torneo de Xadrez 2020-2021

Torneo de Xadrez 2020-2021

O Torneo de Xadrez deste curso chegou ao seu final coas partidas da última ronda celebradas a pasada semana. Despois de catro roldas, o gañador foi o alumno de 1º Bacharelato, Enrique Otero Catoira, seguido de Jesús Manuel Lafuente Bello de 1º ESO B, Darvin Villar Gens de 4º ESO A e Rodrigo Vidal Lista de 4º ESO B. Os catro xogadores empataron a puntos en cabeza e houbo que acudir aos criterios de desempate, que sempre son dunha xustiza relativa. Na partida decisiva da última rolda, Darvin Villar foi o máis forte, pero escapóuselle a vitoria nos apuros e no desempate quedou terceiro e Enrique Otero resulta o vencedor do Torneo.

O torneo celebrouse durante os recreos do martes e xoves deste trimestre no corredor da planta baixa, seguindo as medidas de sanidade vixentes. Foi organizado polo Departamento de Matemáticas en colaboración coa Biblioteca e o profesor de FOL, Fernando Regueira.

O vindeiro venres 21 de maio, no primeiro recreo,  celebrarase a entrega de premios. Tamén se sortearán dous vales para a cafetaría entre todos os participantes.

Parabens aos participantes e a organización!!!. Na seguinte imaxe pódese ollar a clasificación final do torneo.

Clasificación Final Torneo Xadrez 2020-2021

 



page | by Dr. Radut