Skip to Content

Complementarias

Alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, asistiu á charla "De onde sae un medicamento?"

alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, asistiu á charla "De onde sae un medicamento?"

Alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, asistiu á charla "De onde sae un medicamento?", impartida polo profesor  Luis M. Botana, do Departamento de Farmacoloxía da Facultade de Veterinaria da USC, en Lugo,  Esta charla está enmarcada dentro do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", que trata de facer chegar ao alumnado dos centros de ensino secundario de Galicia, información sobre a Universidade. Estivo organizada polos Departamentos de Física e Química e Bioloxía-Xeoloxía.

Alumnado de Economía de 4º ESO e 1º Bacharelato e Historia da Arte de 2º Bacharelato en A Coruña

Alumnado de Economía de 4º ESO e 1º Bacharelato no Banco de España, A Coruña

O xoves 5 de marzo, o alumnado de Economía de 4º ESO e 1º Bacharelato visitou a sucursal do Banco de España en A Coruña. Durante máis dunha hora tiveron unha explicación arredor da función desta entidade e o proceso de fabricación de billetes e moedas en España. A actividade foi organizada polo departamento de Economía.

Pola súa parte, as alumnas de Historia da Arte de 2º Bacharelato realizaron unha visita guiada ao Museo de Bellas Artes de A Coruña, onde puideron coñecer a evolución da pintura galega ao longo dos séculos XIX e XX a través dos fondos deste museo. Tamén tiveron ocasión de ollar a exposición temporal adicada a Luis Seoane, a quen se lle dedicou o Días das Artes Galegas 2019. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

O alumnado foi acompañado polo profesorado Eva Vidal, Ana Rodríguez, Juan Carlos Montejano e o alumno en prácticas do Máster de Educación, Daniel Tubío.

Alumnas de Historia da Arte no Museo de Bellas Artes, A Coruña

Charla sobre as saídas profesionais nas Forzas Armadas

Charla fuerzas armadas

O luns 2 de marzo, alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º Bacharelato, 2º FP Básica e Ciclo Medio asistiu a unha conferencia impartida por membros das Forzas Armadas. O obxectivo do devandito acto foi que o alumnado coñeza as saídas académicas e profesionais, así como as diferentes opcións onde poder desenvolver a súa carreira profesional dentro dese campo. A charla foi impartida por membros da armada e infantería de Mariña da Escola Naval Militar de Marín. A actividade foi organizada polo departamento de Orientación.

Charla forzas armadas

Premiados no festival de Entroido 2020

1º premio entroido 2020

Durante a celebración do festival de Entroido 2020 , "Homenaxe á Pintura", repartíronse tres premios aos mellores grupos do desfile. O xurado formado por un membro da ANPA, un representante do profesorado e dúas alumnas de Historia da Arte de 2º Bacharelato premiou aos seguintes grupos, que se poden ver nas fotos que acompañan a esta nova:

1º premio: alumnado de 1º Bacharelato e 4º ESO pola recreación da obra do pintor inglés William Lionel Wyllie: "A armada española 1588", 1915.

2º premio: alumnado de 1º ESO pola representación do cadro "As Meninas" de Velázquez, 1656.

3º premio: alumnado de 2º ESO pola súa posta en escena coa obra de Rembrandt "Lección de anatomía", 1632.

 O 1º premio é cortesía da A ANPA "A Bella Otero" do noso Centro e consiste nunha sesión de condución no karting de Valga e vales a canxear na cafetaría do IES. O 2º premio, tamén xentileza da ANPA, é unha sesión de condución no karting de Valga, mentres o 3º premio son vales a canxear na cafetaría do IES.

Noraboa aos premiados e tamén a todo o alumnado pola súa participación!!!

2º premio Entroido 2020   3º premio Entroido 2020

Celebramos o Entroido 2020 no IES Valga

Entroido 2020

Nas últimas horas do pasado venres 21 de febreiro, celebrouse no IES Valga o tradicional festival de  Entroido. Este ano  tivemos unha temática común centrada na representación dun cadro favorito ou representativo da Historia da Arte. Nesta "Homenaxe á Pintura" participou alumnado dos diferentes cursos do noso Centro, destacando en moitos deles os disfraces creados para imitar ás personaxes da pintura elexida, como "As Meninas", "O berro", "A última cea" ou "A galiña cega" entre outras. Bo humor, diversión, variados disfraces e coreografías animaron o ximnasio de noso IES para o deleite do público asistente. Un xurado formado por catro membros da comunidade educativa, elexido para a ocasión, decidiu os premios do concurso.

Entroido 2020  Entroido 2020

Entroido 2020 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut