"E despois do IES Valga, que?" é o nome da actividade a que o pasado luns 14 de xuño, nas horas lectivas da tarde, asisitiu o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, co obxectivo de que antigo alumnado do noso centro mantivera un encontro co actual. O exalumnado: Sara Iglesias, Antía Figueiras e Ismael García falaron da súa experiencia e traxectoria educativa e profesional, unha vez que acabaron os seus estudos no IES Valga; tamén responderon ás dúbidas que se formularon. A actividade foi organizada polo departamento de Orientación e Vicedirección, dentro das actividades complementarias deste curso académico.