Actividades 2021/2022

Sorteo entre os lectores do 1º trimestre

 

           No sorteo celebrado o mércores 19 de xaneiro entre os lectores da biblioteca do primeiro trimestre deste curso, resultou afortunada co vale de 25€ para libros a alumna de 1º ESO D Iris Santana Cacabelos.

           Parabéns e a seguir lendo e devolvendo os libros en prazo!

 

Lecturas de Nadal

      Volvemos despedir o ano, como faciamos antes de empezar a pandemia, con Lecturas de Nadal na Biblioteca, segundo o calendario que se inclúe arriba.

     Para ambientarnos, penduramos do teito da nosa biblioteca libros relacionados dalgunha maneira con este tempo, coma se fosen folerpas literarias: así de suxestivamente as denominou unha das asistentes de 1º da ESO.

    Desexamos que todas as persoas relacionadas co Instituto pasen unhas BOAS FESTAS!

Patinaxe sobre xeo

O martes 14, mércores 15 e xoves 16 de decembro o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO foi patinar na pista de xeo instalada en Samil. Como podedes ver, disfrutaron a esgalla.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Patinaxe sobre xeo

Visita a Santa Comba e Celanova

O pasado martes 14 de decembro o alumnado de Historia da Arte foi ao templo visigótico de Santa Comba de Bande e rematou cun roteiro en Celanova onde puideron visitar o Mosteiro de San Salvador, a capela mozárabe de San Miguel e a Casa dos Poetas.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Celanova-Santa Comba

Obradoiros da Cruz Vermella de sensibilización pola loita contra o VIH

O pasado mércores 1 de decembro a Cruz Vermella achegouse ao centro para facer uns obradoiros con alumnado de 3º ESO co gallo da conmemoración do día da loita contra o SIDA.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Sensibilización VIH

Mesa de sensibilización Día Internacional da loita contra o VIH

En conmemoración do Día Internacional da loita contra o VIH o Departamento de Orientación colocou na entrada do instituto unha mesa informativa sobre o SIDA.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Día VIH

Teteiras na biblioteca

     Desde o curso 2019-2020 grazas á iniciativa do departamento de Educación Plástica e Visual temos ocasión de contemplar exposicións de debuxos do alumnado nas mesas da biblioteca.

     Neste momento pódese ver unha dedicada a TETEIRAS, do alumnado de 2º de bacharelato.

     Quen a queira ver, que vaia axiña porque logo vén a seguinte, xa chama á porta...

Álbum: Curso 2021/2022 -> Teteiras na biblioteca

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Hoxe, 3 de decembro, abrimos os nosos paraugas para conmemorar o Dia Internacional das Persoas con Discapacidade.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Día discapacidade
Distribuir contido