Actividades (FQ)

Alexandra Alonso gaña o concurso de Ciencia Brillante

A alumna Alexandra Alonso Simón de 1º de Bacharelato gañou o concurso de deseño de luces de Nadal científicas organizado polo IIS Galicia Sur e o Ministerio de Ciencia e Innovación. 

O IES Castelao participa no programa Ciencia Brillante, xunto co departamento de Física e Química. O alumnado achegarase ata o Hospital Álvaro Cunqueiro para ir ata os laboratorios e facer experimentos. 

A súa proposta, titulada A Vacina, ten forma de lámpada-vacina e representa a preparación destinada a xerar inmunidade adquirida contra unha enfermidade. 

Concurso sobre A Táboa Periódica

      Entre os alumnos participantes no concurso sobre a táboa periódica, resultou gañador Iago Gil Vicente, que non tivo erro ningún nas respostas.

Entrega de premio a Iago

       Vémolo recollendo o premio de mans da súa titora e profesora de Física e Química.

Parabéns ! !

 

 

Ano internacional da táboa periódica

A UNESCO estableceu 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica.

Neste contexto, a Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, organizou un concurso de carteis sobre “A Táboa Periódica e Galicia”.

Tres alumnos deste centro, de 1º de bacharelato B, Álvaro Aira Guerrero, Emma López Prado e Xoel  Moure Rivera animáronse a participar, cun cartel realizado sobre o sodio, contando coa colaboración dos profesores Marta Álvarez Pérez e Antonio Giráldez Lomba, sendo titorizados por Isabel Acuña Mata.

Obradoiro "Misión Futuro"

     Os días 5 e 12 de febreiro alumnado de 4ºESO e 1º de Bacharelato participou no obradoiro "Misión Futuro - Ciencia Divertida" da fundación Mapfre, unha actividade organizada polo departamento de Economía.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Obradoiro Misión-Futuro

Día da Ciencia en Galicia


No vestíbulo expóñense estes días carteis divulgativos sobre D. Ignacio Ribas Marqués, a quen este ano a Real Academia Galega de Ciencias decidiu homenaxear con motivo do Día da Ciencia en Galicia.

Visita á ETSE de Minas

A visita foi exhaustivamente documentada  fotograficamente.
Seguro que vos atopades en varias das fotos que subimos. Iso si, non vos recoñeceredes nas termografías.
Un saúdo.

A semana da ciencia

A Semana da ciencia celebrouse do 16 ao 20 de novembro. Neste artigo podes ler un resumo das actividades desenroladas polo departamento de Física e Química. Podes acceder á versión en PDF picando aquí.

1. BREVE INTRODUCIÓN HISTÓRICA DA “SEMANA DA CIENCIA”

A súa orixe localízase no ano 1991 en Francia, da man do seu Ministro de Investigación Hubert Curien, coma celebración do 10º aniversario do seu ministerio no que se abriron ao público os xardíns do Ministerio, coa intención de acercar a Ciencia ao público en xeral.

(Para continuar lendo pica en "Ler máis")

Olimpíada Galega de Química

     Nas probas da XXXII Olimpíada Galega de Química, celebradas o pasado 27 de marzo, a alumna Raquel Alfonso Rodríguez, de 2ºBach-C, quedou clasificada no posto 2º da demarcación universitaria de Vigo, obtendo por iso unha Medalla de Prata. Parabéns!

Distribuir contido