Clica na imaxe para ver máis fotos do acto de graduación 2017. Imaxes cedidas por Vilux Fotografía.
Vídeo do festival fin de curso que tivo lugar en xuño de 2017 no salón de actos:
O 22 de xuño un grupo de alumnos e alumnas practicaron surf na praia de Patos (Nigrán). Podes ver máis imaxes clicando na foto superior.
O 19 de xuño un grupo de alumnado de 2ºESO participou nunha actividade de vela no Club Náutico de Vigo. Clica na imaxe superior para ver máis fotos.
O 19 de xuño un grupo de alumnos e alumnas de 1ºESO visitaron as Illas Cíes. Preme na imaxe superior para ver máis fotos desta actividade.
Tivemos a sorte de poder asistir o mércores día 21 de xuño á representación dunha adaptación de Romeo e Xulieta de William Shakespeare a cargo dun grupo de rapaces do Instituto República Oriental do Uruguai.
Baixo a dirección da súa profesora Estela Lago, este grupiño de actores noveis, "Arte nuevo", demostrou o que se pode conseguir con ganas e esforzo e nós como espectadores puidemos comprobar o resultado: un traballo moi ben feito que merece todos os nosos parabéns.
Nestas últimas semanas do curso desenvolvéronse na biblioteca unhas probas nas que o alumnado de 1º da ESO tivo que demostrar a súa capacidade para manexarse dentro da biblioteca na busca de información en libros (ou sobre libros) e revistas, no ordenador, ...
Podes ver na nosa canle de Youtube o vídeo que recolle algún dos momentos da celebración do Día das Letras Galegas 2017.
Están dispoñibles na nosa canle de Youtube os vídeos das actuacións que se celebraron no mes de abril para conmemorar o Día do Libro.