Listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025

Podes consultar no adxunto a listaxe de libros de texto para o curso 2024/2025

Graduación 2º de Bacharelato

Un ano máis e con este xa son 54 que despedimos outra xeración. O 24 de maio despedimos no Teatro Salesianos a nosa promoción de 2º de Bacharelato. 

Este foi un acto ben emotivo onde os presentadores, un representante de cada clase (Ramón, Irene, Borja, Pablo e Naiaran) foron dando paso aos distintos momentos. Mais, sen dúbida, polo que todos os asintentes agardaban era pola entrega dos diplomas e das insignias que pechaban unha etapa para dar paso a outra. Agora, cun pé na universidade só vos podemos desexar o mellor. Lembrade que aquí seguiremos para seguir desfrutando dos vosos éxitos, polo que tedes que vírnolos contar. 

 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Graduación 2º Bacharelato

Graduación 4º da ESO

O noso alumnado de cuarto da ESO despediu a etapa como merecía!
Nun pequeno acto privado e emotivo leron os seus discursos de graduación. Algúns despedíronse dos seus compañeiros e dos profesorados, dado que comezan outra etapa noutro centro. Pola contra, outros mudan de etapa e pasan a ser do grupo dos maiores do instituto.

Sexa como for, moita sorte na próxima etapa.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Graduación 4º ESO

Graduación do alumnado da ESA e de Bacharelato Adultos

Graduación do noso alumnado da ESA e do Bacharelato de adultos!
Os nosos parabéns e moita sorte na seguinte etapa!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Graduación ESA e BACH Adultos

Revistas escolares 2023-2024

Xa están dispoñibles para ler as revistas escolares deste curso 2023-2024.

- As cousas do Castelao
- As outras cousas do Castelao

Recollen os mellores traballos, entrevistas, exposicións e artigos deste ano.

Parabéns a ambos os equipos!

Alumnado galardoado nos premios MEGABAU

O pasado venres 21 de xuño celebrouse na Coruña o acto de entrega dos premios MEGABAU, organizado polas tres universidades galegas por vez primeira. Este curso as universidades querían recoñecer o alumnado, mais tamén os equipos docentes. 

Tres brillantes alumnas resultaron galardoados. Antía Rivas Pérez, Mencía Jorge Cabaleiro e Alejandro Alonso Lago foron recoñecidos por ter unha nota media de 9 (ou máis) logo de facer os exames da ABAU. Estamos moi orgullosos deles e todo o o alumnado de 2º de bacharelato que con gran esforzo superaron este difícil curso. 

O acto estivo amenizado pala banda de rock galega que está a triunfar no panorama musical, The Rapants. Todo un exemplo de que a mocidade galega non ten fronteiras. O Conselleiro de Educación e os rectores das tres universidades deron os parabéns aos asistentes, facendo fincapé na importancia da tríada: centros, alumnado e familia polo seu traballo e compromiso para obter estes resultados. 

Coreografías de acrosport 1º de Bach

O alumnado de 1º Bacharelato elaboraron excelentes coreografías de acrosport. Este vídeo é tan só unha pequena mostra dos nosos talentosos bailaríns. Cabe destacar que seguiron as instrucións á perfección, onde a organización e a coordinación foi o seu punto forte, á par que a súa creatividade. Parabéns!

 

Proxectos finais de Debuxo Técnico

O alumnado de Debuxo Técnico I entregou os seus proxectos finais para a materia, onde realizou propostas para a mellora dos espazos do instituto. Deste xeito, redistribuíron a disposición da biblioteca, propuxeron fabricar percheiros despregables e construír andeis móbiles. 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Proxectos de Debuxo Técnico

Matrícula para o curso 2024/2025

 Prazos para presentar a documentación da matrícula: 

  • 26, 27 e 28 de xuño - BACHARELATO DIÚRNO
  • 1 e 2 de xullo - 3º e 4º da ESO
  • 3 e 4 de xullo - 1º e 2º da ESO
  • 5 e 8 de xullo - ESA e BACHARELATO ADULTOS

Concertos de final de curso

Máis un curso, Josefa, xunto co seu alumnado de música, deleitounos conseu tradicional concerto de final de curso. Todos os cursos tocaron prezas incribles que nos conseguiron emocionar.

Grazas por tanto esforzo e deica aquí a un ano!

Distribuir contido