Un ano máis, desde o centro San Xerome queren contribuír á integración do alumnado dos nosos centros coa segunda edición do concurso de contros RELATEA. A intención é que esta actividade forme parte dun proxecto máis ambicioso en torno á integración e á linguaxe. Este vai ser un primeiro paso que se completará cunhas charlas e talleres de escritura fácil impartidos polos docentes de San Xerome.
Queremos agradecer ao profesorado de San Xerome esta iniciativa outro ano máis.
Animádevos a participar deixando os vosos contos na caixa da bilbioteca.
Bases do concurso RELATEA
- Os relatos terán una extensión máxima dunha cara.
- A temática será libre.
- A linguaxe debe ser sinxela e de fácil comprensión.
- Os relatos deberán ter título.
- O participante debe estar identificado especificando nome, apelidos e curso.
- O lugar de entrega será unha caixa situada na Biblioteca para tal fin.
- A duración será todo o curso escolar, sendo o 18 de maio a data tope para a súa entrega.
- A finais de maio daranse a coñecer os gañadores que serán convocados para recoller un agasallo.