Os tres porquiños de Venecia é o título do conto teatralizado que o alumnado de 1º de ESO, coa profesora Menchu Costa, preparou para as cativas e os cativos de 4 anos do veciño CEIP A Sangriña, dentro do proxecto de ambas as dúas Bibliotecas titulado Contos do mundo, sobre o que levamos varias semanas informándovos.
Coma sempre, o lugar do encontro foi o colexio, aínda que desta volta no canto da biblioteca, a sesión tivo lugar no salón de actos. Este alumnado de 5º de Educación Infantil está a traballar nun proxecto sobre Italia, país co que gardaba relación o conto representado.
Velaquí as fotos, cedidas polo CEIP. Máis información en BiblioPepiño.