Skip to Content

Dinamización da Biblioteca

Día de Rosalía (reportaxe)

24/03/2017 12:00
24/03/2017 14:00
Etc/GMT+1

Podemos ver a continuación algunhas das imaxes máis significativas do festival poético-musical celebrado o pasado día 24 de febreiro, no salón de actos, para conmemorar o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Durante a mañá, realizáronse dous pases para que todo o alumnado da ESO puidese gozar dunha moi sentida lectura dos máis coñecidos poemas da autora (“Adiós ríos, adiós fontes”; “Negra sombra”; “Unha vez tiven un cravo”; “A xustiza pola man”…), feita por varias alumnas e alumnos pertencentes e 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Estas lecturas recibiron acompañamento musical por parte do alumnado de Música de 1º Bacharelato. A continuación, Manuel Adrover, alumno de 4º ESO, interpretou unha fermosa danza en homenaxe á nosa poeta.
O peche do festival puxérono as profesoras Marisa Guerra e Nuria Vázquez achegando unha leda e animada lectura do poema “Vente rapasa, vente miniña.”

No vestíbulo do centro puidemos, tamén, gozar dunha exposición de traballos, feitos polo alumnado de Plástica, onde vimos a súa propia interpretación dos poemas de Rosalía.

Concurso Relatea

O centro San Xerome, en colaboración coa nosa biblioteca, está a levar a cabo o concurso literario Relatea.

Ao longo do curso, todo o alumnado do instituto que desexe participar, pode ir deixando os seus contos escritos en galego ou castelán nunha caixa habilitada para tal fin na entrada da biblioteca. O xurado de San Xerome, composto por usuarias e usuarios deste centro, revisa cada mércores todos estes relatos e vai seleccionando os mellores. Ao final de curso coñeceremos o nome das persoas ganadoras, que ademais serán premiadas.

Animádevos a participar!

Semana da Prensa

06/03/2017 08:20
09/03/2017 22:00
Etc/GMT+1

Na procura do fomento da lectura de prensa, a Bibliotegra está levando a cabo unha iniciativa que ten a finalidade de achegar a toda a comunidade educativa as fontes de información máis clásicas: prensa, revistas e publicidade á comunidade educativa do IES A Sangriña para formar lectoras e lectores críticos no uso e manexo da información escrita.

Esta semana, que é xustamente a Semana da Prensa, a Bibliotegra proponnos unha selección de revistas, escolleitas polos correspondentes Departamentos, e nós, alumnado, profesorado, nais e pais, e persoal non docente debemos votar cubrindo de xeito anónimo unha papeleta que pediremos na conserxería, e neste mesmo lugar entregarémola cuberta.
Recollidas as enquisas, a Biblioteca adquirirá aquelas que sexan as máis votadas por toda a comunidade educativa.

 A selección de revistas proposta está exposta no vestíbulo do centro no taboleiro que vedes na imaxe.

Cadea solidaria no Día da Muller

08/03/2017 12:00
Etc/GMT+1
Distribuir contido


by Dr. Radut