Skip to Content

Dinamización da Biblioteca

SEMANA DO LIBRO NA SANGRIÑA

23/04/2018 08:20
27/04/2018 14:00
Etc/GMT+1
Para conmemorar o Día do Libro, esta semana do 23 de abril levaranse a cabo unha serie de actividades na Bibliotrega, organizadas polo Equipo de Dinamización da Biblioteca.
O luns tivo lugar o contacontos co alumnado do CEIP A Sangriña e o noso alumnado de 1º ESO A e 3º C e D. Os máis cativos e cativas contaron unha historia inventada e deseñada por eles: Nadarín, e despois realizaron actividades en equipo da temática central do conto: o mar.
Esa mesma tarde tivemos a sorte de contar con María Salinas e Berto Pirata, que viñeron a presentarnos a obra Elefantes de papel e a compartir reflexións e ler algúns dos relatos máis destacados.
O próximo venres 27 teremos un mercado de libros no vestíbulo do centro. Tedes máis información picando aquí aquí.

CHARLA - OBRADOIRO DE LINGUAXE DE SIGNOS

Na tres primeiras horas da mañá de onte tivo lugar na Bibliotrega unha actividade para o alumnado de 1º de Bacharelato sobre linguaxe de signos, organizada polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura no marco do proxecto de Linguas Alternativas.
 
Trátase da segunda fase de dito proxecto, no que con este grupo de actividades procúrase a reflexión e o coñecemento dos diferentes tipos de linguaxes presentes no mundo, desde a linguaxe de signos, coma neste caso, á lectoescritura fácil e os pictogramas.
 
A actividade foi impartida pola profesora do Centro San Xerome Andrea Olivares.
 
Ligazón ao vídeo 
 
 
 

Proxecto LINGUAXES ALTERNATIVAS. Parte II

26/02/2018 08:20
26/02/2018 11:05
Etc/GMT+1
Onte luns 26 de febreiro levouse a cabo no IES a segunda fase do proxecto LINGUAXES ALTERNATIVAS, organizado polo Equipo de Biblioteca e o Departamento de Lingua Castelá e Literatura.
 
Dende as 08:20 ata as 11:05 realizouse un taller sobre pictogramas impartido por Patricia Romero, do Departamento de Orientación do centro San Xerome.
O próximo venres 1 de marzo haberá outro taller que tratará de lectura e escritura fácil. Ámbolos dous están dirixidos ao alumnado de 1º Bacharelato.
 
 

Celebración Día de Rosalía

23/02/2018 10:05
23/02/2018 12:20
Etc/GMT+1

Hoxe 24 de febreiro celebramos en toda Galicia o Día de Rosalía, e para honrar e homenaxear á nosa poeta nacional, a máis célebre escritora en lingua galega, o equipo da Biblioteca, o de Normalización Lingüística e a Comisión de Igualdade prepararon onte, venres día 23 unhas actividades.

Temos a sorte, todas as galegas e galegos, de termos unha muller como nai da nosa literatura e como figura central da nosa cultura, a nosa referente no mundo, a que nos visibiliza e nos fai entrar no canon da literatura, da cultura e do feminismo universal.

Así, para lembrar o seu pensamento e a súa figura, onte durante os dous recreos repartíronse flores e libros en lingua galega, cedidos pola Universidade de Vigo, para todas as persoas que se quixeron achegar e participar. Ademais, ambientouse o espazo con poemas musicados da nosa poeta, para contribuír a visibilizar a música en galego e a actualidade do pensamento rosaliano.

Despois, no segundo recreo na entrada do instituto leuse o manifesto elaborado nesta ocasión pola poeta María Reimóndez. As persoas encargadas desta lectura foron todas voluntarias do Equipo de Normalización Lingüística.

Finalmente, no panel e no expositor de libros da Biblioteca destacáronse as súas obras máis destacadas, así como a súa biografía e contribución á construción do país.
Todas as actividades desta xornada foron organizadas conxuntamente pola Biblioteca, o Equipo de Normalización Lingüística e a Comisión de Igualdade.

Distribuir contido


by Dr. Radut