Este mes recibimos a visita da ONG Paleng, nos días que celebramos o mercado de libros. Viñeron contarnos que se fixo cos cartos recadados o ano pasado no mercado solidario de libros, que foran 135 euros.
Estes cartiños viaxaron a Lesoto, Suráfrica, a unha biblioteca que proporciona material, sobre todo libros, ás escolas da contorna e trata de conservar na lectura a súa lingua propia, que está en situación comprometida. Co noso diñeiro editaron uns libriños para aprenderlles ás crianzas o nome dos números do un ao dez. Sentimos ledicia e orgullo do que axudamos a conseguir!
O relator foi Ed Morgan, surafricano afincado en Camposancos, que foi xustamente quen fixo chegar os cartos, e que percorreu media África para evitar a comisión bancaria.