Durante o mes de outubro, no noso centro organízanse unha serie de actividades para conmemorar que o día 24 se celebra o "Día da Biblioteca". Neste curso a nosa planificación para este mes é a seguinte: -Día 14 de outubro: "Excursión a Celanova" co alumnado de 2º ESO para facer unha xornada de convivencia co alumnado de 6º primaria e visitar: Casa dos Poetas, Mosteiro, Biblioteca do IES de Celanova, Castromao. - Día 21 de outubro: "Excursión didáctica a Oseira e o castro de Santomé" co alumnado de 3º ESO. - Día 23 de outubro: Asistencia á representación teatral sobre "Memorias dun neno labrego" a cargo de Cándido Pazó, actividade organizada polo Concello de Allariz e na que participan alumnos de 5º E 6º de primaria e 1º e 2º de ESO así como o alumnado de PMAR e PDCII - Semana do 26-29 de outubro: Visita á biblioteca do alumnado de 1º ESO para explicarlle o seu funcionamento e entregarlle os carnés de biblioteca. - Organización do Equipo de Colaboradores da Biblioteca co alumnado novo que chega ao centro. |