Logo das reunións da pasada semana, quedan establecidos os seguintes proxectos:
- Ecoescolas: ecoauditoría e Campaña de prevención de contaminación sonora. Con Flor e Bao.
- Alimentación sostible: 1) Pegada carbono dos alimentos, con Maribel Pelayo. 2) Receitas de sempre con produtos de sempre, co EDL.
- Ecoturismo, con Mariano.
- Economías circulares/sostibilidade - Empresa horto escolar. Con Ana Belén; Consumismo, con Ángeles e equipo Biblio.
- TED talks, con Silvia.
- Cidades Ecointelixentes, con Ana e Pilar.
- Retos, con tod@s!
A partir de xaneiro, en martes alternos o alumnado exporá o estado do seu proxecto de acordo co calendario que se achega.
Un equipo de rapaces/as de Extraescolar elaborará o logo do proxecto e das distintas campañas.