Logo de reunirse o equipo docente e de alumnado do Erasmus GNS acórdase, por unanimidade, que o alumnado que viaxe a Módena (primeira saída do Erasmus GNS, 2-8 marzo 2020) será o de 4º ESO, xa que:
- De acordo coas conclusións da enquisa que se pasou a todo o alumnado en Outubro amosaron interese polo tema e implicación persoal.
- Teñen alta competencia dixital e un nivel de coñecemento suficiente de inglés.
- Teñen experiencia en intercambios educativos (Memorias Cruzadas 2018/19).
- Amosaron vontade de traballar cooperativamente e de facelo co alumnado dos países socios vía eTwinning.
- Están dispostos a acoller alumnado cando sexa Boiro receptor, maio 2021.
- Están en máis dun grupo de traballo, amosando compromiso con mellorar a convivencia no centro.
- Forman un grupo homoxéneo de 16 persoas e contamos co consenso de todo o grupo de alumnado do proxecto.