Skip to Content

Blog Tecno

Blog Tecno

Saídas Proxecto BoiHaus

O alumnado de 4º na materia de Tecnoloxía saiu varios días a "inspeccionar urbanisticamente" a vila de Boiro para facer unha Ecoauditoría de cara a conseguir unha "Smart City". No Instagram podedes ver imaxes das saídas, incluíndo unha visita ó Pazo Goiáns, onde Emilio Piña, arquitecto do concello, nos explicou en que consistiu a rehabilitación dese espazo.

Ademais, o martes 29 de outubro visitamos, na comarca de Santiago, a Fundación da Construción, a Cidade da Cultura e dúas casas pasivas da zona de Marrozos.

 

Proxectos Tecnoloxía e Educación Dixital 2023/34

Aquí vos deixamos imaxes dalgúns dos proxectos desenvolvidos neste curso:

Neste curso creáronse aplicacións completamente funcionais para teléfonos e tabletas Android/iOS a través da plataforma MIT App Inventor. Entroutras, un xogo tradicional de Pedra, papel e tesoira, un xilófono, un podómetro ou un videoxogo de fútbol. Tamén deseñaron e programaron o que sería unha sinxela app do seu propio centro; a Cachapp. Aquí vos deixamos algunhas capturas da mesma:

 

4º ESO: prácticas electrónica, proxecto STARgal, proxecto BoiHouse.

Semana de Leonardo. Deseño e construción de proxectos sostibles

Este 2º trimestre o alumnado de Tecno de 2º ESO, adicou o  proxecto de taller ó polímota florentino Leonardo da Vinci e así adentrarnos na súa labor de enxeñería. O 15 de abril ( día da Arte), co motivo do nacemento deste xenio do Renacemento, adicaremos a Semana de Leonardo do 17-21 de abril a expoñer traballos de varios departamentos: Plástica, Xeografía e Historia e Tecnoloxía.

O alumnado de 2° deseñou e construíu de 11 modelos de minicúpulas, estruturas tridimensinais con bastóns de madeira 114x10 mm (a unidade repetitiva ten 4 marcas) que se sosteñen mutuamente sen necesidade de clavos ou parafusos. Segue a ficha de traballo 1 e ti mesmo podes xogar e facer o teu propio modelo de cúpula na casa. Tamén contruirán un modelo xigante de cúpula no hall do centro, encargamos 100 pezas de madeira laminada 500x 50 mm e que faremos participar á todo o alumnado do centro.

Así mesmo seguindo a seguinte ficha de traballo 2, o alumnado de 4º de aplicadas deseñou e construíu unha ponte autoportante de troncos de pino tratados para exterior de 110 e 90 cm, doados por FINSA, tamén con marcas (3 nos troncos de 110 cm) que encaixarán perfectamente e que que nos permitirá seguir impulsando a nosa idea de proxectos sostibles.

Déixovos algúns dos traballos.

Modelo 8

Modelo 1

Modelo 5

Modelo 10

Modelo 11

Modelo 9

Modelo 4

 

AUTOPSIA TECNOLÓXICA: Desmontando televisores LCD

O alumnado de 4º de Tecno aplicadas, adicáronse este trimestre a desmontar sistemas de comunicación: televisores, radios e teléfonos fixos.

Deixovos o vídeo do traballo de grupo que fixo Carol de 4ºD.

 

20 outubro 2022: Premio EducaCompostela ó proxecto BoiHaus

Ana Moreiras e Mariano Muñiz recolleron o 1º premio Educacompostela creado polo Concello de Santiago e Nova Escola Galega. O xurado valorou que o noso proxecto de arquitectura sostible Boihaus era merecedor do galardón polo seu "compromiso cívico e colóxico, a metodoloxía interdisciplinar (replicable noutros centros) e a integración na praxis educativa das ferramentas TIC".

A comunidade educativa enteira estamos moi contentos e agradecidos.

Distribuir contido


by Dr. Radut