Todo o alumnado coa materia pendente de Lingua Inglesa recibiu un boletín de repaso e unha carta informativa para as familias sobre a realización das probas. Dita carta leva un acuse de recibo que, unha vez completado, deberá ser entregado ao profesor/a do grupo.
O alumnado pendente xa está matriculado na súa respectiva aula virtual, onde tamén está subido o boletín de repaso e a través das que se comunicará co profesorado.
Lembrar que a primeira proba de pendentes terá lugar a finais do mes de novembro e as datas serán postas na web do centro e recordadas polo profesorado