Skip to Content

Actividades

Actividades área de igualdade (Concello de Boiro)

PROGRAMACIÓN

Teatro sobre a diversidade e a muller no rural "CAMELLE"(Asoc. Ambar)

venres 11 de marzo ás 20h na Casa da Cultura(gratuíta)

 

Performance de Ballet "Ceibes" da asoc. amas de casa de Boiro

sábado 26 de marzo ás 12h (escaparate enfrente do supermercado Froiz)

 

FORMACIÓN

OBRADOIRO POR UN BOIRO SEGURO. Repensando a vila en igualdade

Lugar de celebración: Segundo andar do Centro Social do Concello de Boiro

c/ Poeta Manuel Maria s/n- Boiro

Datas: sábado 5 de marzo

Horario: de 10.00h a 14.00h 

Obxectivos:

Formación en igualdade

 

Programación da área de igualdade do concello.

 

Formación para familias

Anexamos a información sobre "Formación tecnolóxica básica -para familias-"

Comunicado da ANPA IES A Cachada.

Boa tarde,

 

adxúntase o comunicado da ANPA ás familias do centro.

Actividade: "O paseo de Jane"

Prezadas familias,

Informámosvos de que o equipo docente de sustentabilidade do centro levará a cabo mañá, martes, 3 de maio, a actividade titulada “O Paseo de Jane”, unha iniciativa internacional que persegue homenaxear á activista e urbanista Jane Jacobs realizando accións e percorridos por cidades de todo o mundo para reivindicar as rúas como espazo público de convivencia e encontro. 

O alumnado participante será o correspondente ao nivel de 1º da ESO e o participante no club de ciencia do centro. Terá unha duración de 3 horas, partindo dende o paseo marítimo de Barraña ás 15:00 horas. Ás 14:25 farase o xantar no Paseo de Barraña

Queremos invitarvos a participar no mesmo para que poidades observar os produtos levados a cabo polo alumnado participante, desfrutando dunha xornada lectiva diferente.

Agradecemos que en todo momento sigades as indicacións do profesorado.

Moitas grazas pola vosa participación.

Un saúdo.

O equipo directivo.  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut