Un ano máis, contamos coa axuda da poeta Antía Otero para achegarnos aos poemas dun xeito máis lúdico, artístico e sobre todo máis comprometido. A temática escollida desta volta é a conciencia sobre o medioambiente, sincronizándonos así co proxecto Erasmus GNS sobre activismo ecolóxico e preparando pezas para a nosa gran mostra STARgal ;)
Lamentablemente, a COVID 19 non permitiu completar o proxecto, pero así e todo queremos salientar algunhas pezas:
A semana do 11 ao 15 de novembro celebráronse no noso centro os recreos arrepiantes, que, como xa sabedes, consisten en lecturas ou visionado de curtas de terror na biblioteca do centro, durante os recreos. O martes, abriron a actividade os realizados en galego, o xoves en inglés e o venres pecharon esta experiencia os de lingua castelá. Realmente algúns dos contos creados por compañeiros e compañeiras nosos daban moito medo e algunha curta tamén; aínda que outras provocaban máis risa ca terror. De todos xeitos, cremos que a experiencia pagou a pena e desde o EDL do noso centro animávosvos a participar en actividades coma esta.
Aquí vos deixamos o enlace a ver se algún de vós se atopa por aquí.
O departamento de Lingua Galega e Literatura ten o inmenso pracer de presentar as obras gañadoras do concurso "Máis ca palabras", na modalidade de videopoemas. Como ben sabedes, a temática deste ano centrouse na diversidade de xénero e no recoñecemento do colectivo LGTBIQ e as pezas gañadoras están inspiradas nos poemas de TRANSMATRIA de Daniel Asorey. A verdade é que foi realmente difícil decidirnos, dada a gran calidade de todas elas. Por este motivo, o segundo premio vai para dúas parellas ex aequo, que presentaron candansúa versión dun mesmo poema. Así que aló imos:
1º PREMIO: Serán os meus peitos de silicona. Alicia Nieto e Lucía Fernández
2º PREMIO: Amor libre. Clara Reino e Victoria León / Noemí Otero e Carla Vidal
3º PREMIO: Serpe, que divina me comporto. Rita Sánchez.
PARABÉNS ÁS PREMIADAS E A TODOS OS QUE PARTICIPASTES!!
Velaquí vos deixamos a lista de distribución de Youtube todos os vídeos
Hoxe estivo connosco a poeta Antía Otero impartindo un obradoiro de videopoesía. Como cada ano contamos coa súa presenza para achegarnos aos poemas dun xeito máis lúdico, artístico e sobre todo máis humano. E dicimos isto último porque a temática escollida desta volta é o respecto polos diversos tipos de amor; porque, tal e como manifestamos na entrada principal do noso centro, aquí "Todos os amores son benvidos". Este respecto polas diversas formas de amar foi o que nos levou a centrarnos no colectivo LGTBIQ.
Dende o departameto de Lingua Galega esperamos que deste obradoiro saian do armario moitos videopoemas que esperten conciencias; pero para isto teredes que esperar ata o Stargal, que como ben sabedes forma parte da celebración das nosas Letras Galegas. Así que ás/aos que paricipastes...ánimo e a crear!!