Skip to Content

O noso Blog

Blog de Galego

Ana Pimentel finalista en Youtubeiros!

A alumna Ana Pimentel foi finalista nos premios Youtubeiros, que se fallaron este venres 20 de abril na Coruña. Participou no concurso co vídeo "Como facer un pompón" que elaborou para as aulas de Galego e de Tecnoloxía. Parabéns, Ana, sigue falando así de ben!

Regueifando con Manolo Maseda (5/2/18) #Máisquepalabras18

 

O día 5 de febreiro, Manolo Maseda, profesor e músico entendido no mundo das regueifas, veunos ensinar algo máis sobre esta arte tradicional, a cal está estreitamente relacionada co que actualmente son as batallas de galos.

Foi un obradoiro moi ameno; primeiro, catro alumnos sairon voluntarios a exhibirse “batallando" e logo “regueifando". Despois diso, Maseda comentounos algunha que outra diferenza entre estas dúas dinámicas. Para rematar o obradoiro dunha forma divertida, Manolo fixo co acordeón unha instrumental para que alumnos e profesores puidesemos sacar os nosos dotes regueifeiros. Pasámolo moi moi ben!

Lois Cespón

No álbum do Flicker hai imaxes e vídeos, bota un ollo!

Eva Mejuto, a escritora co alumnado 2ºESO (27/2/18)

O martes, 27 de febreiro veunos  visitar Eva Mejuto, a autora do libro 22 segundos. O encontro foi no salón de actos da Cachada. A autora contounos como foi o proceso de creación desta novela, dende que comezou o libro ata que o rematou. Neste libro trátase o tema da transexualidade e falounos das vivencias de moitos rapaces e rapazas trans que están a experimentar este proceso. Para o seu libro, Eva  inspirouse nun rapaz que ela coñece chamado Marcos. Ensinounos cousas sobre a vida, fixémoslle algunha que outra pregunta e finalmente adicounos os libros. Pasámolo moi ben e estivemos un rato moi agradable xuntos e aprendendo.

Obradoiro de Videopoesía #Máisquepalabras18 (21/02/18)

O pasado mércores, 21 de febreiro, os alumnos e alumnas de 3º e 4º tiveron a oportunidade de asistir a un obradoiro de videopoemas.  

A actividade organizouna o departamento de Lingua galega e foi levada a cabo pola poeta e actriz Antía Otero; co fin de inspirar ao alumnado para crear videopoemas que serán presentados ao concurso “máis ca palabras” que promove este departamentoNeste obradoiro non só tiveron a oportunidade de facerlle preguntas a Antía Otero, senón que tamén interpretaron poemas, traballaron coas ferramentas audiovisuais e cos recursos literarios e repasaron os vínculos que unen a poesía co vídeo; aprendendo así a transmitir sentimentos a través de imaxes e palabras.

Alicia Guijas

Máis que palabras 2018

Máis que palabras 2018

Un ano máis, sae a convocatoria do concurso literario “Máis ca palabras” que promove o departamento de Lingua Galega e Literatura. Desta vez, as modalidades nas que poderedes participar son catro: videopoemasbooktrailersregueifas e batallas. Como novidade, este ano vanse realizar diversos obradoiros previos que vos axudarán coas vosas creacións. Así, no mes de febreiro realizaranse os de videopoesía, regueifas e batallas.

LECTURAS OBRIGADAS PARA A 2ª AVALIACIÓN

1º ESO: Esmeraldina, a pequena defunta. Ledicia Costas. Xerais.

2ºESO: 22 segundos. Eva Mejuto. Xerais, Xa non estou. Iria Misa.Xerais ou O inferno de Marta. Pasqual Alapont. Xerais.

Distribuir contido


by Dr. Radut