Skip to Content

Erasmus+ Green New School (2019-21)

Obradoiro Cambio Climático de Manos Unidas - 29nov

O 29 de novembre desenvolveuse un obradoiro sobre consumo sustentable e cambio climático para 1ºESO organizado por Ángeles Fernández (Relixión) e impartido por un equipo de Manos Unidas.

Desenvolvemento 

Campaña TITORÍAS de sensibilización ante Emerxencia Climática

En Titorías ides ver uns vídeos sobre o Cambio Climático, pero antes, tedes que responder a esta pequena enquisa!

 

Estas dúas pezas aproxímannos á realidade actual do fenómeno do Cambio Climático. Se tedes máis curiosidade, en Praza Pública propoñen 15 curtas galegas sobre o tema. 

Folga mundial pola #emerxenciaclimática: Trash Tag Challenge en Praia Barraña

O alumnado do noso centro, farto do postureo das stories de instagram, que tan a miúdo é inconsecuente coa actitude diaria, convocou o venres 27 un

#TrashTagChallengeBoiro

co obxecto de limpar Praia Barraña e denunciar a necesidade de implicarse realmente para lograr un cambio na mentalidade colectiva con respecto ó Cambio Climático.

Toda a sociedade de Boiro, e particularmente o alumnado en folga dos centros de secundaria (3º e 4º ESO) foi convocado a este acto, ás 10.30h. No Flickr tedes as fotos do evento.

Ademais, o alumnado adhírese ó manifesto do Movemento Galego polo Clima, que a continuación se expón:

O acto foi o primeiros que se realizou no marco do Erasmus+ de #activismo e #cambio climático no que acabamos de comezar a traballar, xunto a Módena e Tesalónica: Erasmus + Green New School

Distribuir contido


by Dr. Radut