Saltar la navegación

Sección D: Os conflitos

 

   Os conflitos son situacións nas que:

  • Dúas ou máis partes (persoas, grupos, …) entran en oposión ou desacordo.
  • Por diverxencias percibidas de desexos, posicións, intereses, necesidades ou valores. 

     Nun conflito xogan un papel moi importante as emocións e os sentimentos, e a relación entre as partes poden saír reforzada ou deteriorada en función do proceso de resolución.

     Aínda que no noso contorno sempre houbo a crenza de considerar ao conflito como algo negativo que é necesario evitar. É patente que é un rasgo inevitable das relacións sociais, en todo grupo humano poden e van aparecer conflitos. Os conflitos son algo consustancial á vida. Por iso, aprender a resolvelos desde pequenos sería unha competencia clave para poder adaptarnos e ser máis eficaces no noso contorno.

     O problema reside en que todo conflito pode adoptar un recorrido constructivo ou destructivo. Polo tanto, a cuestión non será prever ou eliminar os conflitos, da súa inevitabilidade non se deriva a seu curso destructivo,  senón que  debemos centrarnos é ensinar e aprender a xestionalos adecuadamente para que todos/as os/as implicados/as saian enriquecidos destas situacións.

Factores positivos e negativos derivados dos conflitos.