Saltar la navegación

C.1: Principios e condicións da mediación

Para que a mediación sexa posible, ao longo do proceso deben darse as seguintes condicións:

  • Voluntariedade: as partes en litixio deben aceptar o rol da persoa mediadora. As mediacións forzadas son un mal inicio do proceso e teñen moitas menos posibilidades de ter éxito. 
  • Cooperación: é necesario que as partes estén motivadas e dacordo en cooperar para resolver o conflito. Sería está unha circunstancia clave para aceptar a solución e cumprila.
  • Autonomía das partes: estas deben manter durante todo o proceso o control e terán a capacidade de tomar decisións, e o/a mediador/a non ten poder para impoñer unha solución senón que serán os/as litigantes os que manterán o control.
  • Neutralidade: a persoa mediadora non deben posicionarse a favor de ningunha das partes en conflito. Estas deben percibir a imparcialidade da mediación. A mediación non pode ser ameazante ou punitiva senón posibilitar un clima que axude a que as partes constrúan solucións.
  • Confidencialidade: o mediador ou mediadora debe garantir absoluta discreción sobre o dialogado entre as partes.