Saltar la navegación

Sección C: Definición e obxectivos da mediación

     Por mediación entendemos un proceso no que as partes en conflito son asistidas por un terceiro, o/a mediador/a, alleo/a e imparcial ao conflito, aceptado polas partes, e que a través de técnicas adecuadas axuda a que as partes en litixio cheguen a un acordo por medio do diálogo e da negociación.

     O mediador ou a mediadora deberá axudar a  limpar  a relación emocional negativa que se da entre as partes, e contribuír a regular o proceso de  comunicación e o establecemento de acordos propios.

 

DIFERENCIAS ENTRE:  xulgar- arbitrar- mediar –negociar

 

  A mediación é un método:  alternativo, creativo, non adversial e estructurado.

        O  obxectivo último dun programa de mediación escolar é  a solución pacífica e dialogada dos conflitos entre os membros da comunidade escolar.  Conflitos  que non poideron ser solucionados polos protagonistas, nin por medio da mediación informal.

       Pero o servizo de mediación debe contribuir a alcanzar outros obxectivos máis específicos en coherencia con esa misión educativa que ten e que serían:

  • Reconstruír relacións deterioradas entre membros da Comunidade Escolar.
  • Constibuír a mellorar a capacidade de relación interpersoal.
  • Mellorar a competencia social e ciudad.
  • Aumentar a capacidade de resolución de conflitos de forma non violenta.
  • Desenvolver a capacidade de autorregulación, a través da búsqueda de soluciónns creativas e negociadas.
  • Implicar aos membros da Comunidade Escolar na resolución dos propios conflitos.
  • Axudar ao alumnado a desenvolver autoconfianza nas súas habilidades.
  • Pensar creativamente sobre os problemas  e comezar a solucionar conflitos.
  • … .