Saltar la navegación

D.2: Tipos de conflitos mediables e non mediables

       

           A mediación é unha ferramenta axeitada para moitos conflitos que se producen nas escolas, pero non para todos.

       O tipo de conflito que se considera mediable varía dun centro a outro, cada centro deberá fixar os tipos de conflitos nos que se mediará e nos que non, por estar previstos, para eses últimos, unha abordase  desde outras estratexias de solución.

     Nalgúns centros a mediación úsase exclusivamente para resolver conflitos entre os estudantes, mentres que noutros, estendese o seu uso para os conflitos en que o profesorado e familias están implicados.

       En principio,  os conflitos máis apropiados para mediación son os de carácter interpersoal, como:

      • As amizades deterioradas.
      • As faltas de respecto.
      • Os casos derivados de rumores e malentendidos.
      • As actitudes de discriminación entre compañeiros/as.
      • Os conflitos de valores.
      • … .

En xeral, a mediación poden ser útil nos casos en que:

      • As partes deben continuar coa relación, e van ter momentos máis ou menos profundos de interacción, como ocorre co alumnado dunha mesma aula.
      • Detectamos que as partes teñen interese por resolver o conflito.
      • As partes comparten algún grao de responsabilidade na causa do conflito.
      • Non existe un grande desequilibrio (físico ou psíquico) de poder entre as partes.

Un conflito non será mediable, cando: 

      • Os principios da mediación, sinalados no apartado C, non se respectan.
      • Cando as normas do centro determinan que a situación debe ser conducida por vías disciplinarias.
      • Cando unha das partes teme á outra, como pode ocorrer nalgúns casos de acoso escolar.
      • Cando non é un conflito de carácter interpersoal ou os temas non son negociables.

 

Pregunta Verdadeiro-Falso

Debes responder á afirmación que se propón segundo a consideres verdadeira ou falsa

Pregunta 1

A mediación podémola  encadrar dentro do ámbito da xustiza restaurativa

Pregunta 2

Mediar é igual que arbitrar

Pregunta 3

A neutralidade é unha condición que debe manter o/a mediador/a

Sugerencia

Comprobar o resto das condición no apartado C.1

Pregunta 4

A mediación sustitúe ás demáis formas de resolver os conflitos nos centros

Reencher ocos

Le o parágrafo que aparece abaixo e completa as palabras que faltan.

A mediación é un método e . Xa que por unha parte, ofrece unha vía distinta á instructiva ou ao procedimiento conciliador previsto do Decreto , é pola outra é un método que ten previstos uns protocolos e segue unha secuencia pra ser eficaz. Finalmente decir que tamén é unha vía e

Habilitar JavaScript

Cuestionario SCORM

Pregunta

 Un conflito será mediable cando

Respuestas

As partes non están dispostas a dialogar

Hai unha grande diferencia de poder entre as partes.

As partes comparten responsabilidade no conflito

Pregunta

No modelo de mediación horizontal quen realiza o rol de medidor/a

Respuestas

O profesorado

As familias

Os compañeros/as

Pregunta

Por que consideramos a mediación escolar un método estructurado

Respuestas

Por que sempre chega a unha solución.

Por ter previstos uns protocolos de actuación.

Por evitar a concepción gañar-perder

Pregunta

¿Onde comenzou  enfoque do diálogo restaurativo?

Respuestas

EEUU

Canadá

Australia

Habilitar JavaScript