Saltar la navegación

Sección B: A mediación escolar

       A creación nos centros educativos dun servizo de mediación, coordinado e integrado no plan de convivencia, ten, como comentamos anteriormente,  a súa orixe na corrente de resolución de conflitos e conecta coas propostas da xustiza restaurativa.

      É necesario ter presente que en cada centro existen unhas necesidades e dispoñen duns recursos diferentes, polo que o programa de mediación pode e debe variar dun centro a outro xa que é necesario contextualizalo para cada caso, aínda que a estructura básica que imos propoñer pode ser compartida.

      Así mesmo, é preciso asumir que o servizo de mediación será unha posibilidade máis que axude a configurar un modelo global de tratamento dos conflitos nos centro escolares. Polo tanto, supón un mecanismo complementario doutras moitas accións que deben activarse nos centros para mellorar a convivencia. Entre esas  teremos as vías:

  • Formativas:
    • Do profesorado
    • Do alumnado
    • Das familias.
    • Do persoal non docente.
  • Curriculares:
    • Programas de habilidades sociais.
    • Aprendizaxe cooperativo.
    • Educación socio-emocional.
  • Ou outras formas de abordar os conflitos:
    • Os círculos de diálogo restaurativo.
    • Os programas de axuda entre iguais.