Un museo é un lugar aberto ao público onde se expoñen coleccións e obxectos da cultura. Os museos axúdannos a aprender a apreciar a historia, a arte e a cultura dun país.
Os nenos e nenas do CRA Raíña Aragonta tiveron o pracer de expoñer as súas obras artísticas no “ESPAZO CASELARTE”, un pequeno museo que estivo situado no primeiro andar da Casa da Cultura Castelao.
A través da seguinte creación interactiva podedes observar os traballos artísticos que presentou o noso alumnado e acceder aos vídeos explicativos.
Esperamos que vos gusten.
Enviar un comentario novo