O día 30 de xaneiro celébrase o día escolar da non violencia e da paz, unha data que veñen celebrando dende 1964 e que conmemora o falecemento de Mahatma Gandhi.
Dende o equipo de biblioteca fixemos unha pequena selección de películas e curtametraxes que nos axudan a traballar estes valores, xa que unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforzan o seu desenvolvemento como cidadáns críticos e comprometidos cos seus dereitos e cos dos demais.
Para acceder as películas e curtametraxes premer na imaxe ou entrar na sección de “Venres de Alucine”, a través do apartado de novidades da nosa biblioteca.
Un saúdo.
Enviar un comentario novo