CANDO RECIBIMOS A PROPOSTA DE ACTIVIDADE DA FUNDACIÓN "LA NINETA DELS ULLS" TIVÉMOLO CLARO. O NOSO CENTRO ESTÁ CHEO DE SUPER HEROES E SUPER HEROINAS CAPACES DE FACER COUSAS INCRIBLES E AMOSALO A TODO O MUNDO... PARECEUNOS UNHA IDEA XENIAL.
CADA UNHA DAS 14 AULAS CREOU UNHA PEQUENA COMPOSICIÓN CON TEA E MOITA CREATIVIDADE. CADA PEZA DIFERENTE DAS DEMAIS, COMO CADA UN DOS NOSOS ALUMNOS E DAS NOSAS ALUMNAS, COMO CADA UN DE NÓS, E TODAS XUNTAS FACENDO UN TODO REALMENTE COLORIDO E FERMOSO.
ASÍ É COMO NOS GUSTA QUE SEXA A SOCIEDADE, QUE TODOS TEÑAMOS OCO E QUE A INVESTIGACIÓN DE ENFERMIDADES COMO O RETINOBLASTOMA E O APOIO A QUEN O PADECE E AS SÚAS FAMILIAS TAMÉN O TEÑA.
VELAQUÍ A NOSA CAPA, SIMPLEMENTE ESPECTACULAR!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Unha capa con super poderes.jpg | 174.74 KB |
Unha capa con super poderes (1).jpg | 99.03 KB |