Skip to Content

O CLUB DE CIENCIAS DO CPI SAN SADURNIÑO

Imaxe de depmat

Este curso estamos comezando a poñer en marcha un club de ciencias no noso CPI con dúas seccións: primaria e secundaria.

Podedes visitar a nosa aula virtual para ver os proxectos que se están a levar a cabo.

Pode formar parte calquera alumno movido pola curiosidade cara temas científicos: astronomía, bioloxía, informática, meteoroloxía,...e outros moitos que podan xurdir.

 

Os membros do club de secundaria vos invitamos a visitar:

Exposición virtual sobre A Historia das máquinas de cálculo.

O Tempo en San Sadurniño:  a partir dos datos da nosa estación meteorolóxica, e que podedes visualizar todos os días na nosa páxina web, elaboramos gráficas mensuais.

O noso propósito é respostar cuestións como: ¿son as precipitacións deste mes de xaneiro "normais"? ¿Cal foi o mes de xaneiro máis caluroso dende hai 100 anos?

Tamén podes enviar ao correo do centro algún reto para os nosos alumnos: gráficas á carta, preguntas sobre os valores extremos dos últimos meses,...



blog | by Dr. Radut