Skip to Content

BOLSAS ESCOLARES E AXUDAS PARA SERVIZOS DE CONCILIACIÓN

O Concello de San Sadurniño convoca as bases reguladoras para a concesión das bolsas escolares e as axudas para sufragar os gastos de servizos de conciliación da vida laboral e familiar.

 

A partida destinada a este efecto é de 20.000 euros, dos cales 15.000 irán destinados ó alumnado de estudos posobrigatorios (bacharelatos, ciclos formativos ou estudos universitarios oficiais) en centros públicos fóra do Concello de San Sadurniño e dentro do territorio de Galicia. Dentro desta partida orzamentaria tamén se destinarán axudas ó alumnado de estudos obrigatorios (Educación Infantil, Primaria e Secundaria).

 

Por outra banda, destinaranse 3.000 euros en concepto de axudas para cubrir gastos de servizos de conciliación da vida laboral e familiar

 

E por último, reservaranse 2.000 euros para atender posíbeis situacións socioeconómicas especiais.

 

As bases e os impresos para a solicitude destas axudas están a disposición das persoas interesadas nas oficinas do Concello ou na páxina web www.sansadurnino.es

 

O prazo para a presentación das solicitudes permanecerá aberto ata 1 de marzo de 2013, agás para as solicitudes de servizos de conciliación nas que o prazo estará aberto ata o 15 de novembro do presente ano.

 

 

Concellería de Educación e Igualdade

Concello de San Sadurniño



blog | by Dr. Radut