O alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria realizou uns debuxos e poemas solidarios para poñer á venta co obxectivo de recadar fondos para a ONG Aga-Ucraína (Asociación Galega de Axuda a Ucraína). Cada un dos nosos alumnos e alumnas levará para casa varios exemplares, que poderán vender entre familiares e amigos. Trátase dunha actividade totalmente voluntaria na que as persoas que desexen colaborar, poderano facer aportando a cantidade que consideren oportuna. Así mesmo, o alumnado levará unha cartilla de rexistro de donacións na que poderán recoller o nome da persoa colaboradora e a cantidade recadada.
Os traballos do alumnado estarán tamén expostos nos distintos establecementos da contorna, polo que agradecemos enormemente a colaboración de todos eles. Pódense mercar os materiais en: Casa do Concello, Sansauto, Librería Brétema, Farmacia, Bar Dzine, Floristería La feria, Pesccadería Mariña, Mesón A Granxa, Perruquería Santos, A Braña, A tenda de Iria, Centro Veterinario +Kotas, Estanco, O Café do Palacio, Panadería O Inxerto, Supermercado, Clínica dental, Venta de coches AGC, Agrotenda e Parrillada Riboira.