Hoxe 30 de xaneiro demos boa conta da celebración do día da Paz. Foi un acto moi bonito no que cada clase achegou o seu anaco para rematar construíndo entre todos unha fermosa pomba chea de mensaxes de paz e concordia, que boa falta nos fan. Este ano tivemos o privilexio de cantar todos xuntos un tema orixinal, creado no centro, tanto en música como en letra. Gustou moito e a todos aqueles que se implicaron na causa...grazas de corazón. Fixestes dun día sinalado...algo especial. Para redondear a xornada parte do alumnado de ESO agasallounos cunha lectura de poemas relacionados no corredor de secundaria e no tempo de lectura en primaria desprazouse ata as súas aulas para lerlles aos pequenos unhas composicións relacionadas co tema. Parabéns a todos porque contribuistes a unha celebración fermosa.
Nos arquivos que se xuntan tedes diferentes momentos deste día tan especial.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
a orquesta.jpg | 148.77 KB |
canción do día da paz.jpg | 149.32 KB |
P1310419.JPG | 201.94 KB |
P1310427.JPG | 211.86 KB |
P1310470.JPG | 210.11 KB |
P1310499.JPG | 183.8 KB |
P1310501.JPG | 172.9 KB |
P1310593.JPG | 185.06 KB |
P1310598.JPG | 122.42 KB |
P1310613.JPG | 208.58 KB |
P1310635.JPG | 188.87 KB |
P1310685.JPG | 228.22 KB |
P1310697.JPG | 233.98 KB |
P1310700.JPG | 164.43 KB |
P1310815.JPG | 168.52 KB |
P1310827.JPG | 220.11 KB |
Sin título.jpg | 54.74 KB |