Onte xoves 15 de Novembro o alumnado de 3º ESO, grazas á saída organizada polo dpto. de Tecnoloxía, tivo a oportunidade de coñecer a central térmica de As Pontes, a hidroeléctrica de A Capela e a empresa "mecanizados Acebrón".
Nesta fotografía témolos posando diante dunha das torres de refrixeración da central térmica
E nesta outra na empresa Acebrón cunha mandrinadora de columna móbil
Parabéns ao alumnado polo bo comportamento e ao profesorado organizador pola iniciativa.