Estes días procedeuse á gravación de varios programas con motivo da participación do noso centro no Día Mundial da Radio.
Despois de facerlles algunha breve edición (somos novatos nisto), coidamos que o resultado acadado é bastante satisfactorio.
O alumnado participante é de 3º, 4º e 6º curso de Educación Primaria, así coma de 1º da ESO.
Para vindeiras actividades semellantes agardamos ter máis tempo para poder estender este tipo de actuacións a todo o alumnado do centro.