O pasado venres, alumnado de 2º a 5º de Educación Primaria acudiu á Casa da Cultura a unha charla impartida por un membro de AGA (Asociación Galega de Apicultura). Nela, o alumnado aprendeu a importancia que teñen as abellas no noso ecosistema, así como a ameaza que supón para o mesmo a presenza dunha especie invasora como é a vespa velutina.
Así mesmo, aprendemos a construír trampas e a elaboración de atraíntes para atrapalas, xa que esta é a época na que máis importante resulta facelo para frear a súa reprodución. Agardamos coller moitas!
Como remate, o alumnado presente foi agasallado cun tarriño de mel.