Skip to Content


 

Radio Mende

CONCURSO ESCOLAR DO XORNAL LA REGIÓN

O alumnado de 4º de E.Primaria xunto coa súa titora, Charo, en colaboración co Equipo de Radio Mende, participou no Concurso convocado polo xornal La Región, "Por que cres que a Ribeira Sacra debe ser Parimonio da Humanidade?" , no formato de Podcast.

Xunto coa súa titora prepararon o texto que logo se gravou na Biblioteca co equipo de Radio Mende, a música que acompaña o texto é un anaquiño do videoclip  "Queixume dos Pinos na Ribeira Sacra", no que tamén participara a titora no seu día de gravación.

O Podcast foi enviado e cargado na plataforma que o xornal La Región ten para tal fin Eloquenze.com, así que dende aquí invitamos a toda a comunidade educativa que escoiten e voten este fermoso Podcast do alumnado de 4º de E. Primaria. 

Lembrar que para poder efectuar a votación primeiro hai que rexistrarse en dita plataforma, da un chisquiño de traballo mais o alumnado mereceo. Só se precisa engadir un correo, crear un contrasinal, e logo, moi importante, hai que entrar no correo para activar o rexistro e poder votar volvendo á plataforma.

Premendo no subliñado xa se accede tanto as bases do concurso coma á plataforma.

O dito, un pequeno esforzo para este grupo do alumnado, ata o día 15 poden votar, ánimo!!. MOITAS GRAZAS!!

 

3ª EMISIÓN RADIO MENDE: MAGOSTO 2021

Hoxe chega unha nova emisión de Radio Mende a cargo de tres membros do alumnado de 6º de E.Primaria, prestade atención, que estes rapaces saben moito desta festa que hoxe celebramos.

2ª EMISIÓN RADIO MENDE: SAMAÍN 2021

Co gallo da celebración da festa do Samaín chega a 2ª emisión de Radio Mende, a cargo do alumnado de 4º de E. primaria. 

Premendo no documento adxunto pódese escoitar. 

1ª EMISIÓN RADIO MENDE CURSO 21-22

Co gallo da celebración do día das Escritoras, onte luns día 18 de outubro, arranca a primeira emisión deste curso de Radio Mende, tamén para dar comezo co horario de visitas por curso do alumnado á Biblioteca.

Para volver escoitar esta emisión premer no documento adxunto e na imaxe.

 

RECOLLIDA PREMIO CERTAME RADIOFÓNICO NO IES ROSALÍA DE CASTRO E VISITA POR SANTIAGO

Hoxe o alumnado de 6º de E.Primaria viaxou a Santiago para recoller o premio finalista pola participación no III Certame Radiofónico que organiza o IES Rosalía de Castro e Arrianos Producións coa colaboraciónda Secretaría Xeral de Política Lingüística e o apoio do colectivo Ponte nas Ondas, conta tamén coa colaboración da Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo (cuxo alumnado crea as pezas únicas que reciben os/as finalistas), a Fundación Rosalía de Castro, Oral de Galicia, Radio Galicia - Cadena Ser, o Museo do Pobo Galgeo, a Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia.

Ademais aproveitaron a viaxe para pasear un chisco pola cidade de Santiago e sobre todo coñecer a súa parte máis antiga.

 
 

PREMIO PODCAST-O VELLO DOS CONTOS - Kizoa Movie Maker

RESULTADO DA PARTICIPACIÓN NO III CERTAME ESCOLAR INTERNACIONAL DE PODCAST XOSÉ MOSQUERA PÉREZ, "O VELLO DOS CONTOS"

O pasado día 10 de maio foi enviado un podcast sobre Xela Arias, a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas, ao III Certame Escolar Internacional de Podcast Xosé Mosquera Pérez, "O vello dos contos", que organiza o IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. 

O podcast enviado, "A desorde de Xela", foi elaborado e gravado por un grupo do alumnado de 6º de E.Primaria, con música de fondo "Olas del Sur" de David Minimalia, que deu a súa autorización; e segundo se pode ver na seguinte imaxe con enlace á acta do xurado, acadou premio finalista compartido con outros  de 65 podcasts presentados.

PARABÉNS RAPAZAS E RAPACES!!!

14ª EMISIÓN RADIO MENDE: DÍA DA POESÍA

Estamos de volta, cun chisquiño de retraso, mais como di o refrán, "Máis vale tarde ca nunca", chega a emisión de Radio Mende gravada co gallo da celebración do Día da Primavera e da Poesía cun grupo do alumnado de 4º de Primaria e a mestra de Música.

Que pasen un anaquiño agradable.

 

13ª EMISIÓN RADIO MENDE: 8 M

Hoxe celebrase unha data importante, dedicada a todas aquelas mulleres que cada día loitaron e loitan por unha sociedade libre e igualitaria, por unha sociedade onde  se respecte e valore a todas as persoas por igual, independentemente do seu xénero, raza, nacionalidade, grupo social, relixión ou ideoloxía.

Por iso un grupo de alumnas de Primaria crearon un mural representativo e outro grupo de alumnas da ESO prepararon a emisión de Radio Mende de hoxe.

 

12ª EMISIÓN RADIO MENDE: DÍA DE ROSALÍA

11ª EMISIÓN RADIO MENDE: VENRES DE ENTROIDO

Distribuir contido


by Dr. Radut