Skip to Content


 

Radio Mende

XII EMISIÓN RADIO MENDE: SAMAGOSTO

Radio Mende comeza as súas emisións do curso 2024-2025 con dous  programas sobre a celebración no centro do Samagosto.

A primeira emisión o 29 de outubro, a cargo do grupo do alumando de 5º de E. Primaria, na que anuncian o programa de actividades que se está a levar na semana da celebración do Samaín e o Magosto.

E a segunda emisión, o 30 de outubro, realizada polo alumnado de 6º de E. Primaria, na que contan un pouquiño, despois de facer investigación, as orixes destas celebracións.

PREMENDO NOS ARQUIVOS ADXUNTOS PÓDENSE ESCOITAR DE NOVO ESTAS EMISIÓNS

 

XII EMISIÓN RADIO MENDE: "AXUDEMOS A WALL-E"

Un grupo do alumnado de apoio de PT e AL de E. Primaria gravaron esta última emisión de Radio Mende neste curso 2023-2024, o tema foi elixido para cerrar a Liña Temática do Centro neste curso, Mendelianos ao rescate. 

E, en concreto, este grupo do alumnado soubo facelo moi ben falando en directo sobre como axudar a un dos nosos protagonistas, Wall-e, elemento motivador durante todo o curso.

MOITOS PARABÉNS, RAPAZADA!!

PARA VOLVER ESCOITAR PREMER NO ARQUIVO ADXUNTO:

PREMIOS PODCAST O VELLO DOS CONTOS

Como ven sucedendo nos últimos curso, un grupo do alumnado de 6º de Primaria participa na convocatoria de Premios Podcast o Vello dos Contos, que neste curso xa van pola VI edición, quedando este curso como 4º finalistas.

PARABÉNS!! E GRAZAS ao IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e Arraianos Producións, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia que cada ano nos ofrecen a posibilidade de participar.

 

Premio Podcast 2024 de Entre estrellas que iluminan

OBRADOIRO DOBRAXE NA ESCOLA 6º E. PRIMARIA

O pasado martes, día 14 o alumnado de 6º de E. Primaria asistiu a un Obradoiro de Dobraxe na Escola, no Auditorio da cidade, a cargo de dous actores, Suso e Manuel, dentro dos programas educativos ofertados polo Concello.

Unha mañá de andaina e aprendizaxes.

A continuación unha mostra:

 

DOBRAXE NA ESCOLA de Entre estrellas que iluminan

XI EMISIÓN RADIO MENDE: ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2024

O pasado día 29 de abril foi gravada unha emisión especial sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada este curso co gallo da celebración das Letras Galegas 2024. Ademais este podcast foi enviado para participar no VI Certame de Premios de podcast O Vello dos Contos.

Para escoitar PREMER no arquivo adxunto

OBRADOIRO PODCAST E EXPOSICIÓN "O VELLO DOS CONTOS"

Co gallo da celebración do VI Certame premios de Podcast O Vello dos Contos, este xoves o alumnado de 5º de Primaria participou nun obradoiro sobre edición de Podcast, impartido por Aldán, que ademais nos deixou unha exposición sobre a vida de Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, que permanecerá na Bilioteca dente onte e toda a vindeira semana.

Obradoiro de Podcast de Entre estrellas que iluminan

X EMISIÓN RADIO MENDE: CONCURSO PODCASTS RADIO NA BIBLIO

O pasadso 15 de abril foi enviada a documentación e o correspondente arquivo de audio sobre a autora das Letras Galegas deste ano, Luísa Villalta, creado por un grupo do alumnado de 6º de E. Primaria e as súas familias, para participar no VI concurso de podcasts de Radio na Bilbio.

Premendo no arquivo adxunto poden escoitar este audio: "Un canto da vida de Luísa" con música de A BANDA DA LOBA ft Tomé Mouriño - Cruel filosofía (Luísa Villalta)

Grazas a todos os participantes

IX EMISIÓN RADIO MENDE: DÍA DO LIBRO 2024

O pasado día 23 de abril, co gallo da celebración do Día Internacional do Libro, Andrea Fernandez de 3º ESO A realizou a lectura dun capítulo das Aventuras de D. Quijote de la Mancha en directo. 

Deixamos aquí a correspondente gravación para que poidan volver escoitala, PREMER NO ARQUIVO ADXUNTO

Grazas Andrea!!

 

BIBLIOTECA CREATIVA: FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO

Este martes, 2 de abril, e para arrancar trimestre con novas aprendizaxes, o alumnado de 6º de E. P. e un grupo de 4º da ESO recibiu formación da man de Damián Alonso de Escolas...nas Ondas! para a creación de podcasts na nosa Radio na Biblio. 

Moitas aprendizaxes e unha gran experiencia que compartimos aquí cunha reportaxe e adxuntando o programa realizado nesta formación. A creación, imaxinación e improvisación do noso alumnado é realmente abraiante, así que aínda que un chisco longo, porque participaron todos por parellas e con temáticas diversas, merece a pena.

Ánimo rapazada e profesorado de Mende a seguir participando e creando podcasts.

E moitísimas grazas a Damián por tantas ideas e axudas, coas que agardamos mellorar moitos os nosos programas de Radio Mende.

Formación radio na biblio de Entre estrellas que iluminan

8ª EMISIÓN RADIO MENDE-8M

Durante esta semana todo o alumnado do centro estivo implicado na edición desta nova emisión de Radio Mende.

1º- Alumnado de Infantil e Primaria: “A muller máis importante para min”

2º- Alumnado da ESO: “Eu non quero ser princesa nin principe por..."

Premendo nos arquivos adxuntos poden escoitar estas emisións e le as respectivas escaletas.

Distribuir contido


by Dr. Radut